PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2023 – Resol. X.T. de Pontevedra pola que somete a inf. públ. exp. IN407A 2023/067-4 (LMTS CBD804 e CT A Modia – Solicitante: UFD Distribución Electricidad S.A.)

ABRIL 2023 – Resol. X.T. de Pontevedra pola que somete a inf. públ. exp. IN407A 2023/067-4 (LMTS CBD804 e CT A Modia – Solicitante: UFD Distribución Electricidad S.A.)

Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2023/067-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico e no Título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministro e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
– Solicitante: UFD Distribución Electricidad S.A.
– Enderezo Social: Avenida América, 38, 28028 Madrid.
– Denominación: LMTS CBD804 e CT na Modia.
– Situación: Cambados.
– Descricións Técnicas: Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 263 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente F1DEUJ03 do tramo CBD8043589, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 100 kVA, con R.T. 20 kV/400 V, situado na parcela 78 do polígono 8, con referencia catastral 36006A008000780000OS. A instalación está situada na Modia, no municipio de Cambados (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, asinado dixitalmente
A xefa territorial
Beatriz López del Olmo
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2023/067-4.
Denominación: LMTS CBD804 e CT na Modia.
Concello: Cambados.

Informacion_publica_2023_067