PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2023 – CONVOCATORIA FESTIVAL DOS MAIOS 2023

ABRIL 2023 – CONVOCATORIA FESTIVAL DOS MAIOS 2023

CONVOCATORIA FESTIVAL DOS MAIOS 2023

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/688155)

Primeiro. Obxecto.

Regulación da participación e concesión dos premios do Festival dos Maios 2023.

Segundo. Beneficiarios.

Poderá tomar parte nestes concursos todas as persoas físicas ou xurídicas, asociacións ou colectivos, sen máis limitacións cas impostas pola legalidade vixente. En todo caso as persoas participantes deberán cumprir os requisitos fixados nas bases da convocatoria.

Terceiro. Bases reguladoras e Bases da convocatoria.

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Bases da convocatoria publicadas na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal/transparency).

Cuarto. Importe.

O crédito global do que se dispón para o outorgamento destos premios, é de 2.450,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

As inscricións poderán ser presentadas a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

O prazo de presentación das instancias e documentación rematará o xoves 27 de abril de 2023 ás 14:00 h.

Sexto. Outros datos.

A publicidade dos distintos actos derivados da presente convocatoria farase no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados, aloxado na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Cambados, 14/04/2023

BASES FESTIVAL DOS MAIOS 2023