PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2023 – MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL DA TAXA DA PRAZA DE ABASTOS E MERCADO

ABRIL 2023 – MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL DA TAXA DA PRAZA DE ABASTOS E MERCADO

APROBACIÓN PROVISIONAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SERVIZO DE PRAZA DE ABASTOS E MERCADO

Aprobada inicialmente por acordo do Pleno ordinario deste Concello, celebrado o 30 de marzo de 2023, a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por servizo de praza de abastos e mercado, en cumprimento do establecido no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, ordénase a publicación de edicto no Boletín Oficial da Provincia, nun dos diarios de maior difusión da provincia, e no taboleiro de anuncios do Concello ós efectos de incoar o trámite de información pública por un prazo de 30 días (TRINTA DÍAS). Dentro do prazo citado os interesados poderán examinar o expediente administrativo e presentar por escrito as reclamacións que estimen oportunas; se no prazo indicado non foran presentadas reclamacións, quedaría elevado a definitivo o acordo antes citado.

O acordo definitivo co texto íntegro da modificación da ordenanza deberá publicarse no Boletín Oficial da Provincia e entrará en vigor o día seguinte da súa publicación.