PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2023 – DECRETO 2023-0606 11/04/2023 RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DECLARANDO DESERTO O PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN MENOR DAS OBRAS DE PECHE PERIMETRAL PUNTO LIMPO

ABRIL 2023 – DECRETO 2023-0606 11/04/2023 RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA DECLARANDO DESERTO O PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN MENOR DAS OBRAS DE PECHE PERIMETRAL PUNTO LIMPO

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Resultando que, no expediente de subvención nº 1919/2022 consta Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático publicada no D.O.G. nº 208, do 02/11/2022, pola que se concede a este Concello de Cambados a axuda solicitada por importe de 79.764,30 € para levar a cabo as obras de “MELLORA DAS CONDICIÓNS DO PUNTO LIMPO” (anualidades 2022-2025para a Liña 2. Melloras nos puntos limpos existentes: proxectos de mellora das condicións das instalacións municipais para a recollida separada dos distintos fluxos de residuos, puntos limpos, ao abeiro da ORDE do 28 de abril de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e que foi aceptada por Decreto de Alcaldía 2022-1519, de data 03/11/2022.

Resultando que, por Providencia da Alcaldía, de data 27/03/203, ordenouse a incoación do procedemento de contratación menor das obras de “MELLORA DAS CONDICIÓNS E PECHE PERIMETRAL DO PUNTO LIMPO”, correspondente a anualidade 2023.

Resultando que, con data 11/04/2023, reuniuse a Unidade Técnica de Contratación, co obxecto de proceder á apertura das ofertas económicas presentadas polas empresas ao citado procedemento, estendéndose a Dilixencia que se transcribe parcialmente:

…DATOS DO CONTRATO:

Expte. XUNTA: PPLL-043-2022-RES

Expte. Subvención: 1919/2022

Expte. Contratación: 190/2023

Tipo de contrato: OBRAS

Obxecto: MELLORA DAS CONDICIÓNS E PECHE PERIMETRAL DO PUNTO LIMPO (anualidade 2023)

Procedemento de contratación: Contrato menor.

Tipo de Tramitación: ordinaria

Duración: 2 MESES

Código CPV: 45000000-7 Traballos de construción

Prezo estimado do contrato: 19.932,00 €

IVE: 4.185,72 €

Presuposto base de licitación: 24.117,72 €

Aplicación orzamentaria

Proxecto de gasto

Retención crédito N.º Operación

Importe retido

1622.63201

2022/0031

2023/EP/001357

24.117,72 €

1º.- SILEX.- REXISTRO DE OFERTAS

Por Providencia da Alcaldía, de data 27/03/2023, iniciouse novamente o expediente de contratación menor das obras de “MELLORA DAS CONDICIÓNS E PECHE PERIMETRAL DO PUNTO LIMPO (anualidade 2023), na que se indicaba que se deberían solicitar varios orzamentos a contratistas con capacidade de obrar e habilitación profesional, a fin de dar cumprimento ao establecido no artigo 102.3 da LCSP, no sentido de que o prezo sexa adecuado para o efectivo cumprimento do contrato, mediante a correcta estimación do seu importe atendendo aos prezos xerais de mercado.

EMPRESAS INVITADAS:

1

COVSA.

2023-S-RE-971 – 27/03/2023 15:11

2

RAMÓN BARROS REY.

2023-S-RE-972 – 27/03/2023 15:11

3

CANALIZACIONES Y CONSTRUCCIONES SALNÉS, S.L.

2023-S-RE-973 – 27/03/2023 15:11

4

CONSTRUCCIONES NELMAR, S.L.

2023-S-RE-974 – 27/03/2023 15:11

5

CONSTRUCCIONES Y REFORMAS 3 TORRES 2010, S.L.

2023-S-RE-975 – 27/03/2023 15:11

Seguidamente dáse lectura á certificación expedida polo SILEX, onde se indican as empresas que toman parte na contratación menor das obras de “MELLORA DAS CONDICIÓNS E PECHE PERIMETRAL DO PUNTO LIMPO” (anualidade 2023):

2º.- CRITERIO DE ADXUDICACIÓN.

A continuación transcríbese parcialmente a Providencia da Alcaldía, de data 27/03/2023, de inicio do expediente do contrato menor na que se indicaba que:

…. 4. Acordo do órgano de contratación de adxudicación do contrato menor á oferta máis vantaxosa, aprobando o gasto e solicitando a incorporación da factura unha vez efectuada a prestación, que deberá notificarse por medios electrónicos no prazo máximo de dez días, e publicarse trimestralmente no perfil do contratante…”

3º.- SILEX.- APERTURA DA DOCUMENTACIÓN.

COMPROBACIÓN DA PRESENTACIÓN DA DECLARACIÓN RESPONSABLE ANEXO I. Procédese seguidamente a comprobar no SILEX, a constancia da declaración responsable (ANEXO I) presentada pola empresa:

1

CONSTRUCCIONES Y CANALIZACIONES SALNÉS, S.L.

NON CONSTA *

*

A empresa Construcciones y Canalizaciones Salnés, S.L. presenta documento identificado como “carta compromiso” na que indica “… Hemos evaluado cuidadosamente nuestros recursos y presupuesto, y desafortunadamente no somos capaces de ofrecer el precio de contrato que se requiere para esta obra. A pesar de nuestros mejores esfuerzos, no podemos cumplir con los requisitos presupuestarios establecidos…”

Queda unido o escrito ao Expte. Contratación 190/2023.

A Unidade Técnica de Contratación, á vista de todo o actuado, pon de manifesto a ausencia de ofertas económicas no procedemento de contratación, dando conta ao órgano de contratación…”

En virtude do disposto pola Disposición adicional segunda e o artigo 150.3 2º da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, polo que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, esta Alcaldía

RESOLVE:

.- Declarar deserta a licitación do contrato menor das obras de “MELLORA DAS CONDICIÓNS E PECHE PERIMETRAL DO PUNTO LIMPO”, ao non terse presentado ningunha oferta por parte das 5 empresas invitadas ao procedemento.

.- Publicar a presente Resolución na páxina web do Concello, de acordo co disposto no artigo 63.3 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

.- Ordenar o inicio de novo expediente, mediante o procedemento establecido no artigo 118 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

En Cambados, 11 de abril de 2023.

RESOLUCIÓN ALCALDÍA DECLARANDO DESERTO PROCEDEMENTO CONTRATACIÓN MENOR OBRAS PECHE PERIMETRAL PUNTO LIMPO