PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2023 – CAMPAÑA DE LIMPEZA E PINTADO DE EXTERIORES PRIMAVERA – 2023

MARZO 2023 – CAMPAÑA DE LIMPEZA E PINTADO DE EXTERIORES PRIMAVERA – 2023

CAMPAÑA DE LIMPEZA E PINTADO DE EXTERIORES PRIMAVERA – 2023

Esta Alcaldía pide colaboración de tódolos veciños e veciñas co obxecto de que, coa chegada do verán, os visitantes que decidan achegarse ó noso municipio poidan disfrutar das súas vacacións no mellor entorno posible, pois, unha imaxe ben vale mais que mil palabras.
Por iso, e sabendo que cun pouco de limpeza e ornato exterior nas vivendas, valados e outras construcións, esa inicial sensación pode decantarse como propicia, coido que tamén por interese propio, a todos nos convén ofrecer unha grata impresión pois aínda que os visitantes só estean de paso tamén nós sentiremos a satisfacción de vivir nun dos municipios mais fermosos e
coidados de Galicia.
Por todo iso, confío en que cada veciño, na medida das súas posibilidades, tratará de responder ó reto que temos diante, adoite as medidas necesarias para que nas súas propiedades e, particularmente se estas dan a vías públicas, non se bote en falta a pintura, a limpeza, o desbroce e a orde en xeral.
Esta Alcaldía, no desexo de conseguir que CAMBADOS, compromiso de todos, ofreza a mellor imaxe, convídavos a poñer máns á obra entre o UN DE ABRIL E O TRINTA DE SETEMPBRO E, SEN NECESIDADE DE ABOAR TAXA ALGUNHA POLA LICENZA, poidades levar a cabo as referidas tarefas de limpeza e pintado de exteriores. Simplemente debedes solicita-la precisa autorización no Concello, para realizar as actividades descritas, indicando que vos acolledes ó presente Bando.

Bando limpeza