PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2023 – ANUNCIO de nomeamento dun funcionario de carreira

MARZO 2023 – ANUNCIO de nomeamento dun funcionario de carreira

ANUNCIO de nomeamento dun funcionario de carreira.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 3 de febreiro de 2023, nomeouse funcionario de carreira deste concello a:
Pablo Nogueira González, co NIF ***1808**, para ocupar unha praza de letrado asesor xurídico, integrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores (grupo A, subgrupo A1), por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre da OEP de 2020.

Ao dito nomeamento dáselle publicidade consonte as bases do proceso selectivo e da lexislación de función pública vixente.

Cambados, 20 de febreiro de 2023

Anuncio DOG nomeamento funcionario de carreira