PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2023 – Resolución ampliación horarios de peche establecementos entroido 2023

FEBREIRO 2023 – Resolución ampliación horarios de peche establecementos entroido 2023

Resolución da Concellería Delegada de Seguridade Cidadá

Expediente 728/2023

 

Atópanse próximas as datas de celebración do Entroido, festa con especial arraigo na vila de Cambados.

Trátase de datas nas que tradicionalmente están previstas actividades lúdicas no noso termo municipal que traen como consecuencia unha maior afluencia de veciñanza e visitantes nas nosas rúas.

Tendo en conta o anterior é polo que se considera axeitado ampliar os horarios da hostelería municipal co obxecto de ofrecer unha maior oferta á afluencia prevista, dentro dos límites marcados pola lexislación vixente.

Fundamentos Xurídicos

Visto o disposto no artigo 5 f) da Lei 10/2017 do 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que establece que corresponde aos Concellos autorizar as ampliacións ou reducións sobre o horario xeral, en atención aos  criterios, supostos e circunstancias que, no seu caso, figuren na orde de horarios prevista no artigo 17.

Visto o disposto no artigo 17.1 e 2 da Lei 10/2017 do 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que determina que mediante orde da persoa titular da consellería competente na materia, e previo informe da Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, determinarase o horario xeral de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas.

2.A orde que determine os horarios de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos ou actividades recreativas poderá establecer os criterios, supostos e circunstancias que permitan aos Concellos autorizar, de forma motivada, ampliacións ou reducións sobre o horario xeral.

Visto o artigo 8 da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que determina que de acordo co artigo 17.2 da Lei 10/2017, de 27 de decembro, os horarios xerais poderán ser ampliados ou reducidos nos supostos que se establecen nos artigos 9 e 10 desta orde.

2.Corresponderá aos respectivos Concellos, segundo o disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, a ampliación ou redución dos horarios xerais.

Visto o disposto no artigo 9.1 e 4 da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas (DOG nº 219 de 30.10.2020) que establece que ao abeiro do disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os Concellos poderán ampliar para todo o seu termo municipal ou para zonas concretas deste os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, así como de finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, durante a celebración das festas e verbenas populares, do Entroido, da Semana Santa e do Nadal, facendo compatible, en todo caso, o seu desenvolvemento coa aplicación das normas vixentes en materia de contaminación acústica.

As ampliacións de horario non poderán superar, en ningún caso, en 2 horas os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades recreativas.

Vistos os antecedentes, e tendo en conta a grande afluencia da veciñanza que se achega a aos locais de hostalaría e ocio nocturno de Cambados nestas datas de Entroido aconséllase estender os horarios dos establecementos de ocio e entretemento co obxecto de ampliar a oferta para os visitantes á festa de acordo cos fundamentos xurídicos anteriores,

RESOLVO:

Ampliar o horario de peche de cafeterías, bares, salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculo os días 18 e o 19 de febreiro de 2023 (noites do venres a sábado e do sábado a domingo de entroido) en dúas horas sobre o horario xeral que lle corresponda a cada establecemento segundo a Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas (DOG nº 219 de 30.10.2020).

Condicións:

1.Deberá darse cumprimento ás normas vixentes en materia de contaminación acústica e dar cumprimento aos tempos de desaloxo establecidos no artigo 6 da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas (DOG nº 219 de 30.10.2020).

2.A presente Resolución poderá ser modificada en función de circunstancias sobrevenidas que aconsellen  a súa revisión.

Cambados

Resolución ampliación horarios de peche establecementos entroido 2023