PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2023 – CONVOCATORIA DOS CONCURSOS DO ENTROIDO 2023

XANEIRO 2023 – CONVOCATORIA DOS CONCURSOS DO ENTROIDO 2023

CONVOCATORIA DOS CONCURSOS DO ENTROIDO 2023

BDNS(Identif.):671926

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/671926)

Primeiro. Obxecto.

Regulación da participación e concesión dos premios dos Concursos do Entroido de Cambados 2023:

Concurso de Carrozas.

Concurso de Comparsas.

Concurso de Disfraces Xuvenil e Adulto.

Segundo. Beneficiarios.

Poderá tomar parte nestes concursos todas as persoas físicas ou xurídicas, asociacións ou colectivos, sen máis limitacións cas impostas pola legalidade vixente. En todo caso as persoas participantes deberán cumprir os requisitos fixados nas bases da convocatoria.

Terceiro. Bases reguladoras e Bases da convocatoria.

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Bases da convocatoria publicadas na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal/transparency).

Cuarto. Importe.

O crédito global do que se dispón para o outorgamento destos premios, é de 13.700,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

As inscricións poderán ser presentadas a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

O prazo de presentación das instancias e documentación rematará o venres 17 de febreiro de 2023 ás 14:00h.

Sexto. Outros datos.

A publicidade dos distintos actos derivados da presente convocatoria farase no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados, aloxado na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

BASES CONCURSO DE CARROZAS ENTROIDO 2023

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES XUVENIL E ADULTO ENTROIDO 2023

BASES CONCURSO DE COMPARSAS ENTROIDO 2023