PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2023 – Informac. pública proxecto mellora acces. e conect. paradas autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo oeste á cidade de Pontevedra

XANEIRO 2023 – Informac. pública proxecto mellora acces. e conect. paradas autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo oeste á cidade de Pontevedra

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 19 de decembro de 2022 realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto de mobilidade sustentable de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG (Rede autonómica de estradas de Galicia) nas rutas de acceso polo oeste á cidade de Pontevedra, de clave PO/22/060.06, nos concellos de Sanxenxo, Cambados, Meis, O Grove e Meaño (Pontevedra), que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo oeste á cidade de Pontevedra, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, de clave PO/22/060.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e nas casas dos concellos de Sanxenxo, Cambados, Meis, O Grove e Meaño.

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, a seguinte documentación:

• A documentación íntegra do proxecto.

• Un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso polo oeste á cidade de Pontevedra
Clave: PO/22/060.06
Concellos de Sanxenxo, Cambados, Meis, O Grove e Meaño

de predio

Concello

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Nome

NIF

Codificado

Clase de solo
(catastro)

Clasificación urbanística

Situación básica do solo

(RDL 7/2015)

Superficie a expropiar (m²)

Superficie

ocupación temporal (m²)

Cantidade

Ud.

Descrición

1

Sanxenxo

7842814NG1974S

78428

14

José Mato Posse

***836***

Solo sen edificar

Urbano

Urbanizado

20

42

2

Sanxenxo

36051A03000498

030

498

Cdad. Prop. de Montes en Man Común de Noalla

V-36149896

Agrario (pastos)

Rústico

Urbanizado

63

3

O Grove

1335824NH1013N

13358

24

Manuel Fernández Conce

***811***

Solo sen edificar

Urbano

Urbanizado

2

Margarita María Lores Martínez

***174**

4

O Grove

1335825NH1013N

13358

25

Manuel Fernández Conce

***811***

Solo sen edificar

Urbano

Urbanizado

17

38

5

O Grove

1335826NH1013N

13358

26

María Sonia Agrelo Lores

***334***

Solo sen edificar

Urbano

Urbanizado

13

Juan García Cardalda

***403***

6

O Grove

36022A02701019

027

1019

Comunidade de Montes

Parroquia San Vicente

O Grove

V-36170611

Agrario (labor o labradío secaño)

Rústico

Rural

13

7

Meis

36028A31416026

314

16026

Esther Barral Ucha

***540***

Industrial

Urbano

Urbanizado

10

Hdros. de Manuel Núñez Buceta

***440***

8

Meis

36028A31416028

314

16028

Edelmiro Guzmán Guimil

***495***

Comercial

Urbano

Urbanizado

4

María Dolores Arosa Outeda

***495***

9

Meis

36028A31500176

315

176

Amparo Guimil Diz

***443***

Solo sen edificar

Urbano

Urbanizado

27

10

Meis

36028A31600182

316

182

En investigación

Agrario (labor o labradío secano)

Rústico

Rural

4

11

Meis

36028C51501613

515

1613

María Lourdes Sabaris Beloso

***443***

Agrario (labor o labradío secaño)

Rústico

Urbanizado

10

12

Meis

36028C51501618

515

1618

Montes Gil y de la Fuente, S.L.

B-15435936

Ocio, hostelería

Rústico

Urbanizado

17

13

Meis

36028C51501673

515

1673

Luz Divina Arcos Somoza

***297***

Agrario (matogueira)

Rústico

Rural

3

14

Meis

36028C51501674

515

1674

Ramón Martínez Casal

***858***

Agrario (matogueira)

Rústico

Rural

10

15

Meis

36028C51001115

510

1115

Hdros. de Manuel Silva Costoya

***540***

Agrario (labor o labradío secaño)

Rústico

Urbanizado

24

17

ml

Muro de pedra

16

Meis

36028C50300353

503

353

José Antonio Giráldez Roma

***341***

Solo sen edificar

Urbano

Urbanizado

12

8

ml

Muro de bloque de formigón e malla metálica

17

Cambados

6352204NH1065S

63522

04

Manuel Varela Durán

***873***

Residencial

Urbano

Urbanizado

22

18

Cambados

36006A03101251

31

1251

Ramiro Lobato

Agrario (labor o labradío secaño)

Rústico

Urbanizado

20

56

19

Sanxenxo

3691708NG1939S

36917

08

Concello de Sanxenxo

***051***

Industrial

Urbano

Urbanizado

96