PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2022 – Resolución ampliación horarios de peche establecementos abertos noite de fin de ano

DECEMBRO 2022 – Resolución ampliación horarios de peche establecementos abertos noite de fin de ano

A noite entre do 31/12/2022 e o 01/01/2023 ten previsto celebrarse a Festividade da Noite de Fin de Ano, sendo unha data na que tradicionalmente a partires das badaladas das 12 da noite celebrase coa familia e amigos a entrada do novo ano nos distintos locais de hostalaría da nosa vila.

Fundamentos Xurídicos

Visto o disposto no artigo 5 f) da Lei 10/2017 do 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que establece que corresponde aos Concellos autorizar as ampliacións ou reducións sobre o horario xeral, en atención aos criterios, supostos e circunstancias que, no seu caso, figuren na orde de horarios prevista no artigo 17.

Visto o disposto no artigo 17.1 e 2 da Lei 10/2017 do 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que determina que mediante orde da persoa titular da consellería competente na materia, e previo informe da Comisión de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, determinarase o horario xeral de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e actividades recreativas.

A orde que determine os horarios de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos ou actividades recreativas poderá establecer os criterios, supostos e circunstancias que permitan aos Concellos autorizar, de forma motivada, ampliacións ou reducións sobre o horario xeral.

Visto o artigo 8 da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que determina que de acordo co artigo 17.2 da Lei 10/2017, de 27 de decembro, os horarios xerais poderán ser ampliados ou reducidos nos supostos que se establecen nos artigos 9 e 10 desta orde.

Corresponderá aos respectivos Concellos, segundo o disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, a ampliación ou redución dos horarios xerais.

Visto o disposto no artigo 9.1 e 4 da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas (DOG nº 219 de 30.10.2020) que establece que ao abeiro do disposto no artigo 5.f) da Lei 10/2017, do 27 de decembro, os Concellos poderán ampliar para todo o seu termo municipal ou para zonas concretas deste os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, así como de finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas, durante a celebración das festas e verbenas populares, do Entroido, da Semana Santa e do Nadal, facendo compatible, en todo caso, o seu desenvolvemento coa aplicación das normas vixentes en materia de contaminación acústica.

As ampliacións de horario non poderán superar, en ningún caso, en 2 horas os horarios xerais de peche dos establecementos abertos ao público, dos espectáculos públicos e das actividades
recreativas.

Vistos os antecedentes, e tendo en conta a grande afluencia da veciñanza que se achegan a aos locais de hostalaría e ocio nocturno de Cambados nesa data aconséllase estender os horarios dos establecementos de ocio e entretemento co obxecto de ampliar a oferta para os visitantes á festa de acordo cos fundamentos xurídicos anteriores,

RESOLVO:

Ampliar o horario de peche de cafeterías, bares, salas de festas, discotecas, pubs e cafés espectáculo o domingo 01 de xaneiro de 2023 en dúas horas sobre o horario xeral que lle corresponda a cada establecemento segundo a Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas (DOG nº 219 de 30.10.2020).

Condicións:

1.Deberá darse cumprimento ás normas vixentes en materia de contaminación acústica e dar cumprimento aos tempos de desaloxo establecidos no artigo 6 da Orde do 23 de outubro de 2020 pola que se determina o horario de apertura e peche dos establecementos abertos ao público e de inicio e finalización dos espectáculos públicos e das actividades recreativas (DOG nº 219 de 30.10.2020).

2.A presente Resolución poderá ser modificada en función de circunstancias sobrevenidas que aconsellen a súa revisión.

Resolución ampliación horarios de peche establecementos abertos noite de fin de ano