PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2022 – EMPRAZAMENTO ÁS PERSOAS INTERESADAS NO PROC. ABREVIADO 291/2022 SEGUIDO NO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA

DECEMBRO 2022 – EMPRAZAMENTO ÁS PERSOAS INTERESADAS NO PROC. ABREVIADO 291/2022 SEGUIDO NO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA

EMPRAZAMENTO ÁS PERSOAS INTERESADAS NO PROC. ABREVIADO 291/2022 SEGUIDO NO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA

Anuncio de emprazamento ás persoas interesadas no procedemento abreviado 291/2022 seguido ante o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra

O Concello de Cambados ven de recibir requirimento do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, no que se reclama a remisión do expediente administrativo relacionado co recurso interposto pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) contra á resolución da Xunta de Goberno Local de 12.05.2022 de aprobación da oferta de emprego público pola que se articula o proceso de estabilización de emprego temporal no que se indicaba que se emprazase a todos os interesados en dito expediente.

En atención ao citado requirimento e de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa este Concello ordenou a remisión do expediente ao antedito Xulgado.

O que se publica para xeral coñecemento das persoas interesadas en dito expediente emprazándolles para que poidan comparecer como demandados no referido Xulgado no prazo de nove días contados a partir do seguinte á presente publicación no Boletín Oficial da Provincia

Cambados