PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2022 – COBRANZA PADRÓN MERCADO 3º TRIMESTRE DO ANO 2022

DECEMBRO 2022 – COBRANZA PADRÓN MERCADO 3º TRIMESTRE DO ANO 2022

COBRANZA PADRÓN MERCADO 3º TRIMESTRE DO ANO 2022

EDICTO

Anuncio de cobranza en Período Voluntario

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005 (Real Decreto 939/2005), comunícaselles ós contribuíntes suxeitos a TAXAS POR SERVIZO MERCADO correspondentes a Remesa: PADRÓN MERCADO 3 TRIMESTRE 2022 o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre 5 de Xaneiro de 2023 ata o 6 de Marzo de 2023, procederase ó cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento

a) Mediante ingreso nas contas de recadación do concello abertas nas seguintes entidades bancarias:

ABANCA

CAIXABANK

BANCO SABADELL

b) Domiciliación bancaria: O cargo en conta efectuarase durante a segunda semana do mes de Febreiro de 2023.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003, 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Advertencia, o vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción dos recargos correspondentes e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

Asinado dixitalmente á marxe.