PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2022 – DH.W36.87882, LIDL SUPERMERCADOS, S.A.U., SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN DE OBRAS PARA NAVE COMERCIAL SUPERMERCADO, NO LUGAR DE SINEIRO, CONCELLO DE CAMBADOS

DECEMBRO 2022 – DH.W36.87882, LIDL SUPERMERCADOS, S.A.U., SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN DE OBRAS PARA NAVE COMERCIAL SUPERMERCADO, NO LUGAR DE SINEIRO, CONCELLO DE CAMBADOS

DH.W36.87882, LIDL SUPERMERCADOS, S.A.U., SOLICITUDE DE AUTORIZACIÓN DE OBRAS PARA NAVE COMERCIAL SUPERMERCADO, NO LUGAR DE SINEIRO, CONCELLO DE CAMBADOS

ANUNCIO

Lidl Supermercados SAU solicita de Augas de Galicia co CIF: Q1500378C, a autorización de obras no lugar de Sineiro, parroquia de Vilariño (Santo Adrián), Concello de Cambados (Pontevedra). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W36.87882

As obras solicitadas consisten na construcción de local comercial en planta baixa de
2.082,63 m2 e aparcadoiro de 3.401,87 m2 na parcela 6773904NH1067S0001PJ, previa roza e explanación, en O Sineiro, Santo Adrián de Vilariño, Cambados (Pontevedra), en zona de policía do río Tombelo.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cambados ou nas oficinas deste servizo, situadas na R/ San Salvador, 2-4º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

Vigo, A tramitadora – Begoña Espino Pérez (Sinatura dixital).