PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2022 – Anuncio resultados cuarto exercicio proceso selectivo letrado/a asesor/a xuridico/a (OEP/2020)

NOVEMBRO 2022 – Anuncio resultados cuarto exercicio proceso selectivo letrado/a asesor/a xuridico/a (OEP/2020)

ANUNCIO DE RESULTADOS DO 4º EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A (OEP/2020)

Unha vez realizado o 4º exercicio, obrigatorio e eliminatorio, do proceso selectivo dunha praza da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Letrado/a Asesor/a Xurídico (OEP/2020) e lído diante do Tribunal Cualificador o aspirante aprobado que superou o exercicio obtén a seguinte cualificación:

NUMERO NOME E APELIDOS TOTAL
1 Pablo Nogueira González 6,00

A aspirante que non figura no listado anterior non acadou a puntuación mínima necesaria para superar o exercicio.

Contra esta resolución do Tribunal Cualificador, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada dentro do prazo dun mes ante a Alcaldía, (en canto autoridade que nomeou ao seu Presidente) segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.

O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior. Transcorridos ditos prazos sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que resolución, poderá entenderse desestimado o recurso.

Contra a resolución do recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 125 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente consonte a dereito.

Cambados

Anuncio resultados cuarto exercicio proceso selectivo letrado_a asesor_a xuridico_a (OEP_2020)