PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2022 – AMPLIACIÓN DE PRAZO DE XUSTIFICACIÓN AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS CURSO 2022/2023

NOVEMBRO 2022 – AMPLIACIÓN DE PRAZO DE XUSTIFICACIÓN AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS CURSO 2022/2023

AXUDAS PARA O ENSINO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS CURSO 2022/2023

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Vistas as Bases da convocatoria das “Axudas para o ensino e o transporte do Concello de Cambados curso 2022/2023”, aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 14/10/2022 (extracto da convocatoria publicado no BOOPO nº 202 do 21/10/2022).

Visto que, de acordo co estipulado nos puntos 1 e 2 da cláusula 9ª das anteditas bases, o prazo para presentar a xustificación das axudas estendíase ata o día 30 de novembro (inclusive).
Considerando o volume de solicitudes de axuda presentadas, tendo en conta o longo proceso de avaliación e dado que non se causa prexuízo a terceiros, procede modificar o disposto na cláusula 9ª das bases da convocatoria, ampliando o prazo de xustificación ata unha data que permita xestionar as axudas obxecto da convocatoria.
A teor do exposto, esta Alcaldía, en virtude do establecido no artigo 10 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, e de acordo co disposto no artigo 70 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLGS) e o artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas,

RESOLVO

PRIMEIRO.- Avogar a competencia delegada na Xunta de Goberno Local en relación á convocatoria das “Axudas para o ensino e o transporte do Concello de Cambados curso 2022/2023”.
SEGUNDO- Modificar o disposto nos puntos 1 e 2 da cláusula 9ª das bases da convocatoria ampliando os prazos de xustificación das axudas e quedando redactado os citados parágrafo como segue, “1.- Os beneficiarios de axudas para material escolar deberán presentar a xustificación ata o día 16 de decembro (inclusive) (…)
2.- Os beneficiarios das axudas para transporte deberán presentar a xustificación ata o día 16 de decembro (inclusive). ”.
TERCEIRO. Publicar a presente Resolución no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados aloxado na sede electrónica municipal

DECRETO 2022-1633 [RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA DE AMPLIACIÓN DE PRAZO DE XUSTIFICACIÓN]