PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2022 – ANUNCIO DE CONVOCATORIA DO CARTO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA TÉCNICA, LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2020

NOVEMBRO 2022 – ANUNCIO DE CONVOCATORIA DO CARTO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA TÉCNICA, LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2020

Anúnciase que o Tribunal Cualificador ven de convocar aos/ás aspirantes que superaron os exercicios anteriores para a realización do carto exercicio da fase de oposición de carácter obrigatorio e eliminatorio, o vindeiro martes 22 de novembro de 2022 ás 9:00 horas no Edificio Exposalnés (Paseo da Calzada, s/n, 36630 Cambados).
Consonte a base sétima do proceso selectivo o exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio para todas as persoas aspirantes que teñan superado os exercicios obrigatorios previos, consistirá en desenvolver, nun tempo máximo de tres horas (180 minutos), dun ou varios supostos de tipo práctico, relacionados co contido funcional e tarefas propias da vacante convocada e que se corresponderá, a súa vez, coas materias comprendidas no programa específico do temario que figura no anexo II.
O contido da dita proba será determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo.
Esta proba deberá ser lida perante o tribunal, en sesión pública. As lecturas levaranse a cabo ao termo da realización do exercicio por parte das persoas aspirantes.
A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superalo, correspondendo ao tribunal determinar cal é o nivel de coñecementos necesario para alcanzar dita nota mínima. En todo caso, o tribunal valorará a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos problemas prácticos presentados.
Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes serán as medias aritméticas das cualificacións outorgadas por cada membro do tribunal.
Normas de chamamento:
A orde de actuación/chamamento dos/as aspirantes, seguirá a orde alfabética iniciándose pola letra “T” consonte á Resolución do 28 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 24 de 04.02.2022).
Comprobarase a identidade dos/as aspirantes con carácter previo ao inicio da proba mediante a exhibición do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento de identificación equivalente. O documento deberá estar en posesión e visible ao longo de todo do exercicio / lectura cos/as aspirantes.

Anuncio de convocatoria do carto exercicio proceso selectivo letrado_a asesor_a xurídico_a (OEP_2020)