PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2022 – FINALIZACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DOS CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS: CAMIÑO EN FORNOS, CAMIÑO NA REVOLTA E CAMIÑO EN O RIVEIRO. AGADER 2022-2023

NOVEMBRO 2022 – FINALIZACIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DOS CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS: CAMIÑO EN FORNOS, CAMIÑO NA REVOLTA E CAMIÑO EN O RIVEIRO. AGADER 2022-2023

Recentemente veñen de rematarse as obras de “MELLORA DOS CAMIÑOS RURAIS DE CAMBADOS: CAMIÑO EN FORNOS, CAMIÑO NA REVOLTA E CAMIÑO EN O RIVEIRO”, adxudicadas á empresa “MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. (MARCONSA)”.

As citadas obras contan cunha subvención outorgada polo AGADER, ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2021 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.

O orzamento presentado e aprobado, desagregado por conceptos, é o seguinte:

Proxecto

Orzamento presentado

Orzamento aceptado

Mellora camiños rurais de Cambados: Camiños en Fornos, Revolta e Riveiro.

47.573,17

42.078,52

Total proxectos de obra:

47.573,17

42.078,52

Control de calidade:

921,83

921,83

Total solicitude de axuda:

48.495,00

43.000,35

Resolución de concesión da Directora Xeral do Agader, asinada en data 15/06/2022.

As obras adxudicáronse polo prezo e melloras que se describen seguidamente:

MARCONSA, S.L.

B36533537

Prezo s/IVE

IVE

Prezo c/IVE

Baixa

Mellora ofertada

2.404,02

8.904,84

51.308,86

102,83

SI

MELLORA 1Mellora da capa de rodadura no tramo de terra do camiño da Revolta (Castrelo): Aportación de sub-base de zahorra cun espesor de 15 cm., tratamento superficial de 2 Kg/m² de ECR-2 e capa de pavimentado con asfalto en quente de D-12 cun espesor de 5 cm. totalmente rematado.

Descrición mellora a executar:

– 15 cm. de base granular de zahorra artificial, medida unha vez extraída, transportada, estendida e perfilada con motoniveladora e compactada ata a densidade máxima esixida do 100% do Ensaio Proctor Normal ou do 96% do Ensaio Proctor Modificado.

– Rega superficial con dotación de 2 Kg. de ECR-2 saturados con 10 litros de grava miúda tipo 5/8, debidamente compactado.

– Firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor, medido unha vez estendido e compactado.

Uds.

Prezo unitario

Total

CAMIÑO REVOLTA

390 m²

14,00 €

5.460,00 €

TOTAL MELLORA 1

5.460,00 €

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno e no artigo 17 da Resolución do AGADER, do 29 de decembro de 2021 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023 .

En Cambados, 21 de novembro de 2022.