PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2022 – COBRANZA PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR AGOSTO 2022, DEPENDENCIA E LIBRE CONCURRENCIA DO PROCESO SELECTIVO PARA CONFORMAR UNHA LISTA DE RESERVA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A

OUTUBRO 2022 – COBRANZA PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR AGOSTO 2022, DEPENDENCIA E LIBRE CONCURRENCIA DO PROCESO SELECTIVO PARA CONFORMAR UNHA LISTA DE RESERVA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A

COBRANZA PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR AGOSTO 2022, DEPENDENCIA E LIBRE CONCURRENCIA

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005 (Real Decreto 939/2005), comunícaselles ós contribuíntes suxeitos a PREZO PUBLICO SERVIZO AXUDA NO FOGAR correspondentes a Remesa: SAF LIBRE CONCURRENCIA E DEPENDENCIA AGOSTO o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre 21 de Outubro de 2022 ata o 22 de Decembro de 2022, procederase ó cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento

a) Mediante ingreso nas contas de recadación do concello abertas nas seguintes entidades bancarias:

• ABANCA

• CAIXABANK

• BANCO SABADELL

b) Domiciliación bancaria: O cargo en conta efectuarase durante a segunda semana do mes de Novembro de 2022.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003, 17 de decembro, Xeral Tributaria.

Advertencia, o vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción dos recargos correspondentes e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.

Asinado dixitalmente á marxe.