PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2022 – Anuncio resultados segundo exercicio proceso selectivo letrado/a asesor/a xuridico/a e de exención para a realización do terceiro (OEP/2020)

OUTUBRO 2022 – Anuncio resultados segundo exercicio proceso selectivo letrado/a asesor/a xuridico/a e de exención para a realización do terceiro (OEP/2020)

ANUNCIO DE RESULTADOS DO 2º EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A (OEP/2020)

Unha vez realizado o 2º exercicio, obrigatorio e eliminatorio, do proceso selectivo dunha praza da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Letrado/a Asesor/a Xurídico (OEP/2020) e leído diante do Tribunal Cualificador, os/as aspirantes aprobados/as que superaron o exercicio obteñen as seguintes cualificacións:

NUMERO NOME E APELIDOS TOTAL
1 Pablo Nogueira González 7,50
2 Esther Sánchez del Cueto Losada 6,50

Os/as aspirantes que non figuran no listado anterior non acadaron a puntuación mínima necesaria para superar o exercicio.
De igual modo, o Tribunal Cualificador comprobou que os/as aspirantes aprobados/as aportaron o documento acreditativo/xustificativo de estar en posesión do nivel coñecemento da lingua galega requirido segundo o sinalado na base 3ªg (CELGA 4 ou equivalente) co cal quedan exentos da realización do terceiro exercicio consonte ao disposto na Base 7ª do proceso selectivo.
Ponse en coñecemento dos/as aspirantes aprobados/as que en vindeiras datas, e a través da publicación na sede electrónica da entidade, anunciarase a convocatoria para a realización do cuarto exercicio da fase de oposición.
Contra esta resolución do Tribunal Cualificador, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada dentro do prazo dun mes ante a Alcaldía, (en canto autoridade que nomeou ao seu Presidente) segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.
O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior. Transcorridos ditos prazos sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.
O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que resolución, poderá entenderse desestimado o recurso.
Contra a resolución do recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 125 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente consonte a dereito.

Anuncio resultados segundo exercicio proceso selectivo letrado_a asesor_a xuridico_a e de exención para a realización do terceiro (OEP_2020)