PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2022 – Levant. actas previas ocup. bens e dereitos afectados LMTS CBD804 CT A Modia (Exp. IN407A 2022/112-4)

SETEMBRO 2022 – Levant. actas previas ocup. bens e dereitos afectados LMTS CBD804 CT A Modia (Exp. IN407A 2022/112-4)

Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS CBD804 CT A Modia, no concello de Cambados, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., (expediente IN407A 2022/112-4).

A instalación denominada LMTS CBD804 CT A Modia foi declarada de utilidade pública mediante resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 11 de agosto de 2022, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A..

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no art. 56.1 da Lei24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 11 de novembro de 2022, a partir das 12 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das ACTAS PREVIAS Á OCUPACIÓN dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Cambados.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora na que deberán presentarse nas súas fincas, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Resolución