PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2022 – Rectificación erro lista admitidos/as e excluídos/as do equipo técnico Obradoiro de Emprego “Cambados Rutas de Sendeirismo””

SETEMBRO 2022 – Rectificación erro lista admitidos/as e excluídos/as do equipo técnico Obradoiro de Emprego “Cambados Rutas de Sendeirismo””

Visto o expediente tramitado para a selección e posterior contratación dun Director/a, Tutor/a, Docente e Administrativo/a para participar no programa do Obradoiro Dual de Emprego “Cambados Rutas de Sendeirismo”.
Visto que mediante Resolución do 23.09.2022 aprobóuse a lista de admitidos e excluidos ao proceso selectivo
Advertida a omisión no listado ao posto de director da aspirante Mª del Rocío Pidre Mosquera, que foi preseleccionada e solicitou a participación no proceso selectivo en tempo e forma.
De acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas que habilita á Administración para a corrección dos erros materiais existentes nos seus actos
RESOLVO:
1.Rectificar a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do persoal directivo aspirante ao posto de director/a incluíndo á aspirante Mª del Rocío Pidre Mosquera quedando conformada de
acordo coa seguinte relación:
DIRECTORES
FERREIRO GÓMEZ, ENRIQUE – Admitido
GALVÁN ISERTE, LUIS MIGUEL – Admitido
GONZÁLEZ CASTRO, ESTHER – Admitida
PIDRE MOSQUERA, Mª DEL ROCÍO – Admitida
2.Ordenar a publicación da presente Resolución no Taboleiro de Edictos do Concello.
Cambados

Rectificación erro lista admitidos_as e excluídos_as do equipo técnico Obradoiro de Emprego _Cambados Rutas de Sendeirismo