PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2022 – Bases lista de reserva arquitecto/a técnico/a

SETEMBRO 2022 – Bases lista de reserva arquitecto/a técnico/a

BASES XERAIS PARA A CONFIGURACIÓN DUNHA LISTA DE RESERVA PARA A SELECCIÓN DE PRAZAS / POSTOS DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA TÉCNICA PRAZA / POSTO DE ARQUITECTO TÉCNICO

OBXECTO DA CONVOCATORIA

Será a formación dunha lista de reserva para o nomeamento temporal de funcionarios interinos integrados na Escala de Administración Especial; Subescala Técnica (Medio, grupo A, subgrupo A2), praza/posto de Arquitecto Técnico cando concorran os supostos establecidos no artigo 10 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en adiante Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro) que se detallan:
a)A existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira por un prazo máximo de tres anos.
b)A substitución transitoria dos titulares.
c)A execución de programas de carácter temporal, que non poderá ser superior a tres anos, ampliables ata doce meses máis se o xustificara a duración do correspondente programa.
d)O exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de nove meses, dentro dun período de dezaoito meses.
No suposto previsto no apartado 1.a), as prazas vacantes desempeñadas por persoal funcionario interino deberán ser obxecto de cobertura mediante calquera dos mecanismos de provisión ou mobilidade previstos na normativa de cada Administración Pública.
Non obstante, transcorridos tres anos desde o nomeamento do persoal funcionario interino producirase o fin da relación de interinidade, e a vacante só poderá ser ocupada por persoal funcionario de carreira, salvo que o correspondente proceso selectivo quede deserto, en cuxo caso poderase efectuar outro nomeamento de persoal funcionario interino.
Excepcionalmente, o persoal funcionario interino poderá permanecer na praza que ocupe temporalmente, sempre que se publicara a correspondente convocatoria dentro do prazo dos tres anos, a contar desde a data do nomeamento do funcionario interino e sexa resolta conforme aos prazos establecidos no artigo 70 do TREBEP. Neste suposto poderá permanecer ata a resolución da convocatoria, sen que o seu cese dea lugar a compensación económica.

Bases Arquitecto_a Técnico