PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2022 – Anuncio de convocatoria do segundo exercicio proceso selectivo letrado/a asesor/a xurídico/a (OEP/2020)

SETEMBRO 2022 – Anuncio de convocatoria do segundo exercicio proceso selectivo letrado/a asesor/a xurídico/a (OEP/2020)

ANUNCIO DE CONVOCATORIA DO SEGUNDO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL SUBESCALA TÉCNICA, LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE 2020

Anúnciase que o Tribunal Cualificador, por orde da súa Presidencia, ven de convocar aos/ás aspirantes que superaron o primeiro exercicio para a realización do segundo exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio, o vindeiro martes 04 de outubro de 2022 ás 9:30 horas no Edificio Exposalnés (Paseo da Calzada, s/n, 36630 Cambados).

Consonte a base sétima do proceso selectivo o exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio para todas as persoas aspirantes que teñan superado os exercicios obrigatorios previos, consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de catro horas, a 4 temas elixidos ao chou, dos que figuran na parte especial incluída no anexo II de estas bases.

Dous destes temas deberán atoparse integrados no apartado 2.1 da parte especial do temario (“Dereito administrativo, facendas locais, dereito urbanístico e dereito civil, mercantil, laboral e penal”) e os outros dous temas deberán atoparse integrados no apartado 2.2 da parte especial do temario (“Dereito procesual”)

Esta proba deberá ser lida perante o tribunal, en sesión pública.

Os criterios esenciais de valoración desta proba son o nivel de coñecementos, a formación xeral, a claridade de ideas, así como o rigor e a precisión na exposición.

A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, debéndose obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superalo, correspondendo ao tribunal determinar cal é o nivel de coñecementos necesario para alcanzar dita nota mínima.

As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes serán as medias aritméticas das cualificacións outorgadas por cada membro do tribunal.

Normas de chamamento:

A orde de actuación/chamamento dos/as aspirantes, seguirá a orde alfabética iniciándose pola letra “T” consonte á Resolución do 28 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 24 de 04.02.2022).

Comprobarase a identidade dos/as aspirantes con carácter previo ao inicio da proba mediante a exhibición do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento de identificación equivalente. O documento deberá estar en posesión e visible ao longo de todo do exercicio cos/as aspirantes.

Cambados

Anuncio de convocatoria do segundo exercicio proceso selectivo letrado_a asesor_a xurídico_a (OEP_2020)