PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2022 – Anuncio resultados 1º exercicio proceso selectivo letrado/a asesor/a xuridico/a

SETEMBRO 2022 – Anuncio resultados 1º exercicio proceso selectivo letrado/a asesor/a xuridico/a

ANUNCIO DE RESULTADOS DO 1º EXERCICIO “TIPO TEST” DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A (OEP/2020)

Unha vez realizado o 1º exercicio ”tipo test” do proceso selectivo dunha praza da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Letrado/a Asesor/a Xurídico (OEP/2020), os/as
aspirantes aprobados/as que superaron o exercicio obteñen as seguintes cualificacións:

NUMERO NOME E APELIDOS TOTAL

1 Luisa Carlota Díaz Tomé 5,11
2 Pablo Nogueira González 6,78
3 Esther Sánchez del Cueto Losada 5,00

O Tribunal Cualificador, consonte a Base 7ª da convocatoria do proceso selectivo, determinou que o número de preguntas acertadas para acadar a puntuación mínima dos 5.00 puntos correspóndese con 30 preguntas acertadas, unha vez descontada a penalización por respostas incorrectas (por cada tres (3) respostas incorrectas se descontou unha (1) correcta).
Os/as aspirantes que non figuran no listado anterior, ou ben non se presentaron á proba ou ben non acadaron o número de preguntas acertadas necesarias para superar o exercicio.
De igual forma o Tribunal Cualificador acordou habilitar un prazo de tres días hábiles, a contar desde o seguinte á publicación do presente anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica,
para a presentación de reclamacións/alegacións ao respecto dos resultados e cualificacións obtidos por parte dos/as aspirantes.

Sen prexuízo da posibilidade de presentar reclamacións nos termos expostos, contra esta resolución do Tribunal Cualificador, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse
recurso de alzada dentro do prazo dun mes ante a Alcaldía, (en canto autoridade que nomeou ao seu Presidente) segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento
administrativo común.

O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior. Transcorridos ditos prazos sen terse interposto o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que resolución, poderá entenderse desestimado o recurso.

Contra a resolución do recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 125 da Lei 39/2015, do
procedemento administrativo común Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente consonte a dereito.

Anuncio resultados 1º exercicio proceso selectivo letrado_a asesor_a xuridico_a (1)