PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2022 – ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DAS OBRAS DE “REPARACIÓN DO DEPÓSITO DE AUGA DE TROVISCOSO – CORVILLÓN”

XULLO 2022 – ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DAS OBRAS DE “REPARACIÓN DO DEPÓSITO DE AUGA DE TROVISCOSO – CORVILLÓN”

Por Decreto da Alcaldía nº 2022-0961, de data 26 de xullo de 2022, adxudicouse o contrato das obras de “REPARACIÓN DO DEPÓSITO DE AUGA DE TROVISCOSO – CORVILLÓN”, á empresa “TÉCNICAS ESPECIALES DE IMPERMEABILIZACIONES, REVESTIMIENTOS Y AISLAMIENTOS, S.A. (TEIMPER, S.A.), que o executará polo prezo, prazo e melloras que se describen seguidamente:

Empresa

Prezo s/IVE

IVE

Prezo c/IVE

Baixa

Prazo ofertado

Mellora

Nº 1

Mellora

Nº 2

TEIMPER, S.A.

83.620,00

17.560,20

101.180,20

4.290,21

42 días naturais

SI

SI

MELLORA 1: CAMARA DE VÁLVULAS

Descrición

Uds.

Prezo unitario

Total

Partida de acondicionamento e mellora de válvula de altitude, Ross 30 AWR, incluído pintura, anel de asento con xunta e parafusos, camisa inferior, corpos superiores, parafusos para tapa superior, filtro autolimpiante, balea indicadora, xuntas tóricas de peche do piloto, completamente rematado e probado.

1 UD

2.374,61

2.374,61

Ud. Restauración de caseta de cámara de válvulas consistente en:

– Limpeza e descarnado da xunta existente mediante lavado con máquina a presión.

– Subministración e aplicación de fondo de xunta Maxcell ou similar.

– Execución de selaxe de xunta mediante sellador poliuretano Maxflex 100 w.

– Colocación de banda protectora de xunta Maxflex XJF para remate e protección do conxunto.

– 146 m² Pintura completa da caseta mediante man de fondo con imprimación a base de copolímeros acrílicos en suspensión acuosa e dúas mans de acabado con pintura plástica. Incluíndo paredes int/ext e teito int.

1 UD

2.420,86

2.420,86

MELLORA 2: INSTALACIÓN DE FILTRO

Descrición

Uds.

Prezo unitario

Total

Filtro colador mecanosoldado tipo Filtram- H de Mistral Ross, DN 250 PN16 corpo ampliado, válvulas para drenaxe inferior e purga superior, cesta reforzada en aceiro inoxidable e billas e manómetros de entrada/saída sen purgador, incluído carrete desmonte, telescópico en aceiro inoxidable, completamente rematado e probado.

1 UD

2.261,21

2.261,21

Ud. de arqueta de ladrillo para instalación de filtro, con tapa en FD tipo C-250 70x50x70 completamente rematado.

1 UD

850,00

850,00

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 8.1 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno dos Concellos e na Base décimo oitava das Reguladoras do Plan Concellos 2021 da Excma. Deputación de Pontevedra.

En Cambados, 29 de xullo de 2022