BANDO DA ALCALDÍA
RECOMENDACIÓN E ADVERTENCIA PARA UN USO RESPONSABLE NO CONSUMO DA AUGA SAMUEL LAGO OZON, ALCALDE DO CONCELLO DE CAMBADOS,
FAI SABER:
Que na actualidade Galicia atópase nun estado de prealerta hidrolóxica comunicada por Augas de Galicia, sobre base dos indicadores meteorolóxicos e hidrolóxicos recollidos no Plan de seca da Demarcación de Galicia Costa.
Tendo en conta o anterior, e ante o elevado consumo de agua que se produce nos meses de verán, e para evitar consecuencias negativas e prexudiciais que poden afectar tanto a particulares como a establecementos comerciais,
RECOMÉNDASE UN USO RESPONSABLE DA AUGA lembrando que o servizo de abastacemento de auga potable comprende o:
– Suministo domiciliario para uso doméstico de vivendas.
– Suministro industrial, comercial e de obras.
Deste xeito, ESTÁ PROHIBIDO o uso de auga potable do abastecemento municipal:
– Para o cheo de piscinas.
– Para as regas de xardíns e cultivos.
En aras do interese público e aos efectos de non ter que tomar medidas máis restrictivas, apelo ao civismo e solidariedade da veciñanza no uso da auga, contando con todas as medidas necesarias encamiñadas á utilización máis eficiente posible da mesma, reiterando consellos de aforro (busca de fugas, duchas en vez de baños, pechar os grifos mentres non se utilicen, etc) xa coñecidos por todos e todas.
Cambados, 15 de xullo de 2022