PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2022 – PROPOSTA DE APROBACIÓN DA REGULACIÓN MUNICIPAL PARA A DEFENSA, PROTECCIÓN, BENESTAR E TENENCIA RESPONSABLE DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA NO CONCELLO DE CAMBADOS

XUÑO 2022 – PROPOSTA DE APROBACIÓN DA REGULACIÓN MUNICIPAL PARA A DEFENSA, PROTECCIÓN, BENESTAR E TENENCIA RESPONSABLE DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA NO CONCELLO DE CAMBADOS

PROPOSTA DE APROBACIÓN DA REGULACIÓN MUNICIPAL PARA A DEFENSA, PROTECCIÓN, BENESTAR E TENENCIA RESPONSABLE DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA NO CONCELLO DE CAMBADOS

É vontade desta concellaría a defensa, protección, benestar e tenza responsable de animais de compañía segundo a Lei 4/2017 do 3 de outubro de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
Para dotar de seguridade xurídica a esta medida e levala á práctica se propón a aprobación da Ordenanza Municipal de defensa, protección, benestar e tenza responsable de animais de compañía de acordo coa seguinte motivación e coa toma en consideración dos seguintes aspectos, previstos polo artigo 133 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas:

a) Problemas que se pretenden solventar coa iniciativa

A problemática que se pretende abordar con esta iniciativa é a de acadar un nivel de protección e benestar dos animales, garantir a tenza responsable e reducir as perdas e abandonos de animais de compañía.
De igual forma, considérase que a súa aprobación poderá mellorar considerablemente o fomento e a participación da cidadanía na defensa e protección, preservar as debidas condiciones de salubridade e seguridade nos espazos públicos, así como garantir unha serie de normas de convivencia que faciliten a relación entre os habitantes da vila cambadesa e os animales domésticos presentes nesta.

b) Necesidade e oportunidade da súa aprobación

Considérase necesaria a aprobación desta medida a través do Pleno, con competencias en materia de aprobación e modificación de ordenanzas e regulamentos, máximo órgano da representación popular.

c) Obxectivos da norma

Os obxectivos da autorización son, en síntese, a protección e benestar dos animais de compañía, así como garantir normas de convivencia nos espazos públicos da vila cambadesa.

d) Posibles solución alternativas, regulatorias e non regulatorias

Con carácter previo á formalización desta iniciativa leváronse a cabo varias campañas de información, concienciación e sensibilización da cidadanía.
Non obstante, resulta preciso adaptar os instrumentos normativos dos que conta o Concello (neste caso a Ordenanza Municipal de defensa, protección, benestar e tenza responsable de animais de compañía) para regrar a tenza de animais e permitir a súa difusión xeral a través das canles de publicidade que son de aplicación.
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o desexen poden facer achegar as súas opinións sobre os aspectos propostos durante o prazo de quince días a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no portal de transparencia que se aloxa na web municipal.

Lugar de Presentación:
a)Rexistro do Concello (En papel ou de forma electrónica a través da sede (https://cambados.sedelectronica.gal/)
b)Calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

CONSULTA PÚBLICA RELATIVA Á REGULACIÓN NORMATIVA DA DEFENSA, PROTECCIÓN, BENESTAR E TENENCIA RESPONSABLE DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA