Resolución da Alcaldía
Expediente 2252/2022
Visto que a Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra aprobou, na súa sesión ordinaria do 26 de novembro de 2021, o Plan de fomento da empregabilidade da Deputación de Pontevedra (acordo n.º 28.31031) composto, entre outros, polo proxecto “Primeira experiencia profesional” nos Concellos da provincia de Pontevedra á que concorreu o Concello de Cambados.
Vista a Resolución da Deputación Provincial de Pontevedra de 27.05.2022 pola que se acordou outorgar ao ao Concello de Cambados á condición de entidade colaboradora do proxecto “Primeira Experiencia Profesional” nos Concellos da provincia de Pontevedra 2022/2023 no marco do fomento da empregabilidade.
Vista a Resolución de 14.06.2022 pola que se aprobaron as Bases para contratar en réxime laboral temporal, a tempo completo, e na modalidade de contrato de traballo formativo de catro (4) traballadores (1 Arquitecto/a, e 3 Técnicos/as de Xestión Administrativa) ao amparo da subvención outorgada a este Concello por parte da Excma. Deputación de Pontevedra dentro do proxecto: “PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL” de conformidade co establecido no artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2015 do 23 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. Rematado o prazo de presentación de instancias,
RESOLVO:
PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de persoas admitidas e excluídas:
ARQUITECTO/A
APELIDOS E NOME Admitida/excluída
BEA SOUTULLO, ERIKA Admitida
DEZA MARTÍNEZ, LAURA Admitida
GONZALEZ MARTÍNEZ, RAQUEL Admitida
GRAÑA SANTOMÉ, PATRICIA Admitida
TÉCNICO/A DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA
APELIDOS E NOME Admitida/excluída
FERNÁNDEZ ALMEIDA, ALBA Admitida
GAMALLO GARCÍA, MARTÍN Admitida
OLIVAS GUTIÉRREZ DEBORA Admitida
OTERO DIOS, Mª NOELIA Excluída (*)
ABAL EIRAS, ISAAC EMILIO Excluído (*)
*) Base terceira e), requisito de atoparse inscritos como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego e figurar nos listados de candidatos remitidos pola oficina de Emprego ao Concello.
SEGUNDO.- Outorgar como prazo para presentación de emendas/reclamacións por omisión/exclusión un día hábil a contar desde o seguinte a publicación da presente Resolución (27 de xuño de 2022).
De non presentarse emenda/reclamación dentro do referido prazo a lista provisional elevarase a definitiva.
No caso de se producir reclamacións deberase ditar nova resolución estimándoas ou desestimándoas coa publicación definitiva de admitidos e excluídos no Taboleiro de Edictos do Concello.
Os aspirantes que no prazo sinalado non emenden a exclusión ou non aleguen a omisión serán definitivamente excluídos da participación nas probas.
TERCEIRO.- Designar aos membros do Tribunal cualificador:
ARQUITECTO/A
Presidente: Aitor Iglesias Monzón (Tesoureiro do Concello)
Vogais: Antonio Vázquez Rosales (Arquitecto do Concello de Meaño)
Secretaria: Miguel Rodríguez de Vicente-Tutor (Secretario do Concello)
Persoal colaborador: María J Parada Portas (Técnica de Persoal)
TÉCNICO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Presidente: Manuel Rial Costa (Administrativo)
Vogais: Mª Mercedes Charlín Somoza (Técnica Medio de Xestión)
María J Parada Portas (Técnica de Persoal)
Secretaria: Gema Pérez Santos (Administrativa)
Os Tribunais Cualificadores reuniranse o vindeiro martes día 28 de marzo de 2022, ás 9:00 (Arquitecto/a) e 12:00 horas (Técnico/a de Xestión Administrativa) na Casa Consistorial para
avaliación de méritos das persoas aspirantes aos citados postos.
CUARTO.- Ordenar a publicación da presente Resolución na sede electrónica/taboleiro de
edictos do concello
DECRETO 2022-0745 [Lista provisional admitidos_as e excluidos_as Primeira Experiencia Profesional]