PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XULLO 2022 – Contratación perceptores RISGA (5 traballadores/as) – Resolución lista admitidos, composición Tribunal cualificador e data/hora da entrevista persoal aos aspirantes.

XULLO 2022 – Contratación perceptores RISGA (5 traballadores/as) – Resolución lista admitidos, composición Tribunal cualificador e data/hora da entrevista persoal aos aspirantes.

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Vista a Resolución da Alcaldía do 16.06.2022, pola que se aprobaron as Bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación temporal de 5 traballadores/as, demandantes de emprego, perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), como peón ordinario/limpador e por un período de 9 meses, de acordo coa concesión de subvención por parte da Consellería de promoción de emprego e Igualdade ó abeiro da Orde do 7 de xaneiro de 2022 – convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR351F / DOG núm.21 do 1 de febreiro de 2022.

Visto que por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar foi designada para formar parte do Tribunal de selección, Dª Mª Marina Barral Tomé, técnica superior do equipo de inclusión socio laboral.

Visto que por parte da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, foi designada para formar parte do Tribunal de selección, Dª Lorena Pérez Fariña, directora da oficina de emprego de Cambados.

Vista a cláusula sexta das referidas Bases reguladoras, e unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo dos candidatos preseleccionados pola Oficina de Emprego.

Visto o establecido no artigo 21 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local de 2 de abril e a Base sexta do proceso selectivo RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso selectivo e, non figurando ningún excluído/a na mesma ao cumprir a documentación presentada por todos os/as aspirantes cos requisitos establecidos nas bases, elevala a definitiva:

Nº APELIDOS E NOME ESTADO
1 ABUFARIS AJAJ, SAMIRA Admitida
2 AGUADO ALONSO, SARA Admitida
3 BOUZO FRAGA, IGNACIO Admitido
4 DIAS MARTINEZ, SARA Admitida
5 FROJAN CHAVES, BASILIO Admitido
6 PEREZ MARIÑO, MARIA DE LA O Admitida
7 QUEREVAU NUBE, MERCEDES VERONI Admitida
8 REY BUEZAS, FRANCISCO JAVIER Admitido

SEGUNDO.- Designar aos membros do Tribunal Cualificador. O Tribunal de Selección queda constituído do seguinte xeito:
Presidenta:
Dª María J. Parada Portas (Técnica de Persoal do Concello).
Vogais:
Dª Marina Barral Tomé, Técnica Superior do Equipo de Inclusión Socio Laboral.
Dª Lorena Pérez Fariña, Directora da Oficina de emprego de Cambados.
Técnica asesora: Dª Begoña Domínguez Sartal, Traballadora Social do Concello de Cambados.
Secretaria do Tribunal: Dna. Gema Pérez Santos (Administrativa do Concello de Cambados).

TERCEIRO.- Convocar aos aspirantes para a realización da entrevista persoal para o vindeiro día 23 de xuño de 2022, ás 10.00 horas da mañán, no Salón de Plenos, situado na planta baixa do edificio da Casa Consistorial, data na que se avaliarán os criterios de selección dos aspirantes por parte do Tribunal Cualificador.

CARTO.- Ordenar a publicación da presente Resolución no Taboleiro de edictos do Concello e na sede electrónica da entidade.

DECRETO 2022-0732 [LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS. NOMEAMENTO TRIBUNAL]