PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2022 – Proceso selectivo para a contratación temporal de 4 TRABALLADORES/AS, dentro do programna “PRIMEIRA EXPERIENCA PROFESIONAL NOS CONCELLOS”

XUÑO 2022 – Proceso selectivo para a contratación temporal de 4 TRABALLADORES/AS, dentro do programna “PRIMEIRA EXPERIENCA PROFESIONAL NOS CONCELLOS”

ANUNCIO
Proceso selectivo para a contratación temporal de 4 TRABALLADORES/AS, dentro do programa “PRIMEIRA EXPERIENCA PROFESIONAL NOS CONCELLOS”

Posto: Arquitecto/Arquitecta – Núm. de prazas: 1
Nivel Profesional: A1
Titulación que habilite para o exercicio da arquitectura.

Posto: Técnico de Xestión Administrativa – Núm. de prazas: 3
Nivel Profesional: C1
Ciclo Superior de Formación Profesional en Administración e Finanzas.

Os candidatos/as preseleccionados/as pola Oficina de Emprego, que estivesen interesados/as en participar no proceso selectivo das prazas convocadas poderán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica do Concello (https://cambados.sedelectronica.gal) xuntando á súa instancia telemática (Trámites Destacados – Instancia Xeral) o Anexo I das bases da convocatoria, unha copia do NIF e os méritos que, no seu caso, se fagan valer para a súa avaliación no concurso.

O prazo de presentación de solicitudes é dende o día 20 de xuño ata o día 22 de xuño de 2022. Os/as candidatos/as que non puidesen presentar a instancia e documentación xustificativa de forma electrónica, poderán facelo de forma presencial, nesas mesmas datas, en horario de mañá dende as 9.00 ata as 13.00 horas no Rexistro Xeral do concello, situado no primeiro andar do edificio da Casa Consistorial.

O que pon en coñecemento para a súa difusión xeral.

BASES PARA A CONTRATACIÓN DE CATRO TRABALLADORES_AS NA MODALIDADE DE CONTRATO FORMATIVO PROXECTO_ PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL

ANEXO I – Modelo instancia