PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2022 – ANUNCIO Proceso selectivo para a contratación temporal de 5 Peóns-Limpadores/as ,perceptoras da Renda de integración social de Galicia (RISGA )

XUÑO 2022 – ANUNCIO Proceso selectivo para a contratación temporal de 5 Peóns-Limpadores/as ,perceptoras da Renda de integración social de Galicia (RISGA )

Proceso selectivo para a contratación temporal de 5 Peóns-Limpadores/as ,perceptoras da Renda de integración social de Galicia (RISGA )

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concedeu a este Concello unha subvención para a contratación de 5 Peóns-limpadores/ras, durante un período de 9 meses, cunha xornada parcial de 30 horas semanais.
O concello presentára a correspondente oferta de emprego, ante a oficina de emprego de Cambados, cos seguintes datos
Código – Ocupación – POSTO
92101050 – Peón – Limpador
Os candidatos/as serán preseleccionados/as pola Oficina de Emprego, debendo cumprir os seguintes requisitos:
Ser perceptor/ra da Risga e estar inscritas no Servicio Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas.
Terán preferencia, en todo caso as persoas que teñan asignado un proxecto de inserción de carácter laboral os maiores de 45 e os que teñan cargas familiares.
Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato.
As Bases reguladoras do proceso selectivo serán publicadas no Taboleiro de Anuncios na Sede electrónica do Concello.
Os candidatos/as preseleccionados/as pola Oficina de Emprego, que estivesen interesados/as en participar no proceso selectivo das prazas convocadas poderán presentar a súa solicitude a través da sede electrónica do Concello (https://cambados.sedelectronica.gal) adxuntando á súa instancia telemática (Trámites Destacados -Instancia Xeral) o Anexo II das bases da convocatoria e a
documentación acreditativa dende o día 16 de xuño ata o día 21 de xuño.
Os/as candidatos/as que non puidesen presentar a instancia e documentación xustificativa de forma electrónica, poderán facelo de forma presencial, nesas mesmas datas, en horario de mañán desde as 9.00 ata as 13.00 horas no Rexistro Xeral do concello, situado no primeiro andar do edificio da Casa Consistorial.

Bases de convocatoria

ANEXO II – Modelo instancia