PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2022 – ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE PRAZA DE ABASTOS E MERCADO

XUÑO 2022 – ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE PRAZA DE ABASTOS E MERCADO

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO DE PRAZA DE ABASTOS E MERCADO

APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN TARIFARIA PARCIAL DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SERVIZO DE PRAZA DE ABASTOS E MERCADO.

Exp (1055/2022)

Rematado o período de exposición pública do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 70, de data 11 de abril de 2022, referente ao acordo adoptado polo Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 31 de marzo de 2022, sobre modificación tarifaria parcial da Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa por servizo de praza de abastos e mercado, sen que se tiveran presentado reclamacións, procede a publicarse o texto íntegro da modificación aprobada definitivamente a efectos da súa entrada en vigor:

“ANEXO

ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR SERVICIO DE PRAZA DE ABASTOS E MERCADO.

Artigo 1º.- Natureza e fundamento.- O Pleno do Concello, no uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, e os artigos 20 e 57 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da citada Lei, acorda a imposición e ordenación da Taxa polo servicio de praza de abastos e mercado.

Artigo 2º.- Feito impoñible.- Ven constituído polas seguintes utilizacións de postos:

a) Postos fixos no interior da praza de abastos.

b) Postos fixos no exterior da praza de abastos.

c) Postos fixos nos terreos do mercado.

d) Postos eventuais nos terreos do mercado.

e) Utilización das cámaras frigoríficas.

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.- Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servicios ou actividades que se detallan na tarifa da taxa.

Artigo 4º.- Responsables.- Serán responsables solidarios e subsidiarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 42 e 43 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 5º.- Cota tributaria.- A contía da taxa será a resultante da aplicación das tarifas contidas neste artigo.

1295.png

Artigo 6º.- Período impositivo e devengo.-

-No caso de postos fixos, o período impositivo coincidirá co trimestre natural. A taxa devéngase o primeiro día do período impositivo, salvo nos casos de alta, que se producirá coa solicitude da correspondente autorización. As cotas serán irreductibles, sendo prorrateables por meses naturais, nos supostos de altas e cese dos aproveitamentos.

-Si se trata de postos de hortalizas, postos eventuais e utilización de cámaras frigoríficas, o período impositivo será por día. O devengo da taxa prodúcese no momento de solicitala correspondente autorización.

Artigo 7º.- Normas de xestión.-

– As concesións de uso e disfrute de instalacións dispoñibles outorgaranse provisionalmente a petición da parte interesada pola Xunta de Goberno Local, ou o Sr. Alcalde, e con carácter permanente por medio de subhastas que se celebrarán segundo o establecido na normativa legal aplicable á Administración Local.

-O encargado do mercado remitirá no primeiro mes de cada exercicio, relación de tódolos obrigados ó pago por instalacións fixas, indicando a súa numeración, destino e cota sinalada, para que o Departamento de Rendas, poida computala cos antecedentes das súas respectivas oficinas. Remitirá, así mesmo mensualmente, relación de altas e baixas ocorridas con expresión das datas que teñan lugar.

-As persoas interesadas en ocupar postos por día, solicitarano ó encargado do mercado, quen sinalará o lugar e efectuará o cobro da taxa no momento da ocupación.

Artigo 8º.- Ingreso.-

O pagamento da taxa realizarase:

-Tratándose de concesións de novos aproveitamentos, no momento de presentala correspondente solicitude de alta. Non se tramitará o expediente sen que se teña efectuado o pago da taxa.

– Tratándose de concesións de aproveitamentos xa prorrogados, unha vez incluídos na relación de usurarios, o primeiro día do trimestre natural, ou no seu caso, nas datas que determine a Alcaldía.

Artigo 9º.- Infraccións e sancións.- Nesta materia estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e normativa de desenvolvemento

DISPOSICIÓN FINAL.-

A modificación da presente Ordenanza Fiscal, unha vez publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa”.

Cambados, 01 de xuño de 2022