PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XUÑO 2022 – CONCURSO DO CARTEL ANUNCIADOR DA FESTA DO VIÑO ALBARIÑO 2022

XUÑO 2022 – CONCURSO DO CARTEL ANUNCIADOR DA FESTA DO VIÑO ALBARIÑO 2022

BASES DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DO CARTEL ANUNCIADOR
DA FESTA DO VIÑO ALBARIÑO 2022

BDNS(Identif.):631376

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/631376)

Primeiro. Obxecto.

Regulación da participación e concesión do premio do Concurso para a elección do cartel anunciador da Festa do Albariño 2022, declarada de Interese Turístico Internacional por Resolución de 31 de agosto de 2018, da Secretaría de Estado de Turismo, pola que se concede o título de Festa de Interese Turístico Internacional á festa “Festa do Viño Albariño” de Cambados (Pontevedra).

Segundo. Beneficiarios.

Poderá tomar parte neste certame calquera persoa física (+18) ou xurídica sen máis limitacións cas impostas pola legalidade vixente. En todo caso as persoas participantes deberán cumprir os requisitos fixados nas bases da convocatoria.

Terceiro. Bases reguladoras e Bases da convocatoria.

Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.

Bases da convocatoria publicadas na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal/transparency/de07d95b-f4dd-42c5-b6be-79cce5471918/).

Cuarto. Contía da axuda.

O Concello de Cambados concederá un único premio por importe de 600,00 € e diploma. A esta cantidade aplicaráselle a retención que proceda en concepto de IRPF.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

Os traballos poderán ser presentados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.O prazo límite de presentación dos mesmos é ata as 13:00 horas do día 1 de xullo de 2022.

Sexto. Outros datos.

A publicidade dos distintos actos derivados da presente convocatoria farase no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados, aloxado na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

BASES DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DO CARTEL ANUNCIADOR DA FESTA DO VIÑO ALBARIÑO 2022