PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2022 – APROBACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO QUE ARTICULA O PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL

MAIO 2022 – APROBACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO QUE ARTICULA O PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL

APROBACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO QUE ARTICULA O PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL

ANUNCIO OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 12 de maio de 2022, aprobou a oferta de emprego público que articula o proceso de estabilización de emprego temporal previsto na Lei 20/2021 do 28 de decembro de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público nos termos e co alcance sinalados a continuación:

1223.png

DA 6.- Afectada pola DA 6ª da Lei 20/2021

DA 8.- Afectada pola DA 8ª da Lei 20/2021

PLT.- Correspondente a persoal laboral temporal actual, pero con previsión na RPT municipal para persoal funcionario.

PLC.- Procedemento de estabilización a desenvolver atendendo ao previsto pola normativa específica de Policía Local

Cambados

O Alcalde

Samuel Lago Ozón

(Asinado dixtalmente á marxe)

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da súa publicación, ó abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Adminstrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación, consonte ó disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xuño da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124-2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso de dito prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte ao establecido no artigo 46-1) e 4) da Lei 29/1998, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a Dereito.