PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2022 – APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 2022/MOD/008

MAIO 2022 – APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 2022/MOD/008

APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 2022/MOD/008

N. Expediente

1047/2022

Asunto

MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA Nº 2022/MOD/008: SUPLEMENTO DE CRÉDITO PARA RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL 01/2022

ANUNCIO APROBACIÓN DEFINITIVA MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA 2022/MOD/008

O Pleno desta Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 31 de marzo de 2022, acordou a aprobación inicial do expediente de modificación orzamentaria baixo a modalidade de suplemento de crédito co n.º 2022/MOD/008 e por importe total de 721.914,65 €. Non téndose presentado reclamacións durante o prazo de exposición ao público considérase o mesmo aprobado definitivamente e en cumprimento do que dispón o artigo 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, 2/2004 de 5 de marzo, publícase o resumo do orzamento de gastos resultante a nivel de capítulos:

1225.png

Contra a aprobación definitiva da Modificación Orzamentaria poderá interpoñerse directamente recurso Contencioso – Administrativo na forma e prazos que establecen a normativa vixente, segundo o disposto no artigo 171 en relación cos artigos 177 e 179 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais.

(Documento asinado electronicamente).