PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2022 – Resolución e relac. propietarios – Pagamento xuros expropiación obra: Mellora segur. viaria contorno tramos concentr. accidentes estrada PO-549, p.q. 8+000 a 9+800 (Clave PO/17/143.06)

MAIO 2022 – Resolución e relac. propietarios – Pagamento xuros expropiación obra: Mellora segur. viaria contorno tramos concentr. accidentes estrada PO-549, p.q. 8+000 a 9+800 (Clave PO/17/143.06)

Resolución do 26 de abril de 2022, do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se acorda realizar o pagamento dos xuros por expropiación para a obra: “ Mellora da seguridade viaria no contorno de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-549, puntos quilométricos 8+000 a 9+800.”, de clave PO/17/143.06, no concello de Cambados.
En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do xuros dos bens e dereitos afectados polas obras: “ Mellora da seguridade viaria no contorno de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-549, puntos quilométricos 8+000 a 9+800 ” , de clave PO/17/143.06, no concello de Cambados, que figuran expostos no taboleiro de anuncios do concello.
O pago realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa.
No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.
Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN e BIC) dentro dos dez (10) días hábiles, no que todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acreditase suficientemente, o importe fixado depositarase na Caixa Xeral de Depósitos.
A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra, (Avda. Victoria Moreno 43, 1º, 36.003 Pontevedra), mediante presentación electrónica, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.