PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2022 – INICIO EXPEDIENTE DE INVESTIGACIÓN DO CAMIÑO DO “MONTE DO CORGO” SITO NA PARROQUIA DE CORVILLÓN

ABRIL 2022 – INICIO EXPEDIENTE DE INVESTIGACIÓN DO CAMIÑO DO “MONTE DO CORGO” SITO NA PARROQUIA DE CORVILLÓN

INICIO EXPEDIENTE DE INVESTIGACIÓN DO CAMIÑO DO “MONTE DO CORGO” SITO NA PARROQUIA DE CORVILLÓN

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Cambados en sesión celebrada o 22.07.2021 adoptou acordo que na súa parte dispositiva determinou (en extracto):

1.Iniciar expediente de investigación de oficio respecto do camiño do “Monte do Corgo” do municipio de Cambados que se presume da súa propiedade, de conformidade co artigo 45 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado polo R.D.1372/1986

2.Designar como instrutor do expediente ao concelleiro delegado de urbanismo a efectos de ordenar a realización dos actos de instrución necesarios para a determinación, e comprobación dos feitos en virtude dos cuales deba pronunciarse a resolución plenaria que recaiga no procedemento.

3.Notificar aos interesados a Resolución de inicio de expediente de investigación do Camiño de Monte do Corgo os efectos que poidan presentar as alegacións e aportar os documentos que estimen necesarios en relación a esta cuestión.

4.Publicar o acordo do inicio do expediente de investigación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste Concello así como na web municipal os efectos de que calquera cidadán poida aportar datos os efectos de esclarecer a titularidade do Camiño do Monte do Corgo.

5.Dar traslado os responsables de Patrimonio da Administración Estatal e Autonómica do acordo de inicio da acción investigadora do Camiño Monte do Corgo.

As características que permiten identificar o ben investigado son as seguintes:

“Camiño sito na parroquia de Corvillón, termo municipal de Cambados.

O camiño atravesa o denominado “Monte Corgo e Correlo”, limita ao Norte co camiño público inventariado co número de Activo 1 C.1.0010 e ao Sur co camiño público inventariado co número de Activo 1 C.1.0129”

Transcorrido o prazo de quince días hábiles da presente publicación iniciarase o prazo dun mes dentro do cal poderán as persoas afectadas polo expediente de investigación alegar por escrito canto estimen conveniente ao seu dereito ante a Corporación, acompañando todos os documentos en que funden as súas alegacións.

Sen prexuízo do previsto no apartado anterior, no caso de que existan afectados polo expediente de investigación que resulten coñecidos e identificables, haberán de ser notificados persoalmente.

O que se fai público en cumprimento dos artigos 49 e 50 do Regulamento de Bens das Entidades Locais 1372/1986, de 13 de xuño.

Cambados