PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2022 – EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA (IVTM) EXERCICIO 2022.

ABRIL 2022 – EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA (IVTM) EXERCICIO 2022.

ANUNCIO

EXPOSICIÓN PÚBLICA DOS PADRÓNS/LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO ANO 2022 E A SÚA COBRANZA

De acordo co establecido no artigo 22 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL e por Resolución de Tesourería de data 11/04/2022 vense de aprobar os padróns/listas cobratorias do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2022 (IVTM) correspondentes aos concellos que de seguido se relacionan e que teñen delegada a xestión tributaria do imposto nesta Deputación.

Polo que, por medio do presente anuncio iniciase o trámite de información pública establecido no artigo 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación–ORAL.

Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que cada interesado poderá consultar exclusivamente e na súa integridade os rexistros relativos á súa débeda tributaria en cada un dos concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 20 de abril de 2022 ata o día 19 de maio de 2022, ambas datas incluídas.

Contra o acto de aprobación dos padróns/listas cobratorias poderá presentarse recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública perante a Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra, previo ao contencioso-administrativo, de acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo. 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia.

A exposición ao público do presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IVTM DO EXERCICIO 2022

De conformidade co previsto nos artigos 19, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais–ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) do exercicio 2022, para os concellos que se relacionan se inicia o día 20 de abril de 2022 e finaliza o 20 de xuño de 2022, ámbalas dúas datas incluídas.

NORMAS DE COBRANZA

Formas e lugares de ingreso:

• A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal

• A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)

• Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Novo Banco, Sabadell e Unicaja Banco), e tamén nun caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).

Envío de documentos de ingreso: os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos devanditos documentos de ingreso no domicilio non exime da súa obriga de pagamento.

No caso de non recibir no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelos a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica no 886 211 400 ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa, en calquera das nosas oficinas.

Cargos de domiciliacións: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas correspondentes o día indicado no calendario fiscal para cada tributo.

Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se lle esixirán nese caso as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento.

Oficinas de atención presencial: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase exclusivamente a través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:

• Web do ORAL: https://www.depo.gal/oral-xestion-tributaria-e-catastral

• OVT: https://ovt.depo.gal/ovt/

• Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/

• Teléfono cita previa: 886 211 420

1350.png