PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • ABRIL 2022 – APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL

ABRIL 2022 – APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL

APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DO CADRO DE PERSOAL

ANUNCIO

O Pleno do Concello de Cambados, en sesión celebrada o 31 de marzo de 2022 adoptou acordo de aprobación inicial da modificación do cadro de persoal.

En cumprimento do disposto no artigo 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais exponse a citada modificación ao público por un período de 15 días contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no BOP e na taboleiro de edictos da sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal), durante os cales os interesados poderán examinala e presentar reclamacións ante o Pleno.

A citada modificación considerarase definitivamente aprobada se durante o citado prazo non se houbesen presentado reclamacións e, en caso contrario, o Pleno dispoñerá de prazo dun mes para resolvelas.

Cambados

(Asinado dixitalmente)