PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2022 – APROBACIÓN LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PROCESO SELECTIVO PRAZA LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OEP 2020

MARZO 2022 – APROBACIÓN LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PROCESO SELECTIVO PRAZA LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OEP 2020

APROBACIÓN LISTA PROVISIONAL ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS PROCESO SELECTIVO PRAZA LETRADO/A ASESOR/A XURÍDICO/A INCLUÍDA NA OEP 2020

Resolución da Alcaldía
Expediente 5111/2021

Visto que mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 23.12.202 (BOP nº 250 de 30.12.2020) aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2020.

Visto o acordo da Xunta de Goberno Local, do 10.12.2021, polo que se aprobaron as Bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira dunha vacante de letrado/a asesor xurídico/a incluída na OEP do Concello de Cambados do ano 2020 (BOP nº 247 de 23.12.2021)

Vista a Resolución da Alcaldía do 10.12.2021 (Decreto núm. 2021-1570) pola que se convoca o proceso selectivo de referencia (BOP nº 244 do 20.12.2021).

Visto que se publicou anuncio da convocatoria e bases no «Diario Oficial de Galicia» número 1 do 03.01.2022 e no Boletín Oficial do Estado nº 23 do 27.01.2022.

Unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, en cumprimento do disposto na base quinta do proceso selectivo,

RESOLVO:

PRIMEIRO.- Aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo:

APELIDOS E NOME

Admitid./Excluid.

1

Davila Costas, Beatriz

Excluida (1)

2

Díaz Tomé, Luísa Carlota

Admitida

3

Dieguez Collazo, José Ramón

Admitido

4

Leiva Lois, Pablo José

Admitido

5

Nogueira González, Pablo

Admitido

6

Pillado Losada, Iago

Admitido

7

Piñeiro Rodríguez, María Estrella

Admitida

8

Sánchez del Cueto Losada, Esther

Admitida

Motivos da exclusión: (1) Non aporta copia do documento acreditativo/xustificativo de estar en posesión, ou en condicións de obtención antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso, do curso/máster habilitante, ou habilitación legal equivalente, para o exercicio da avogacía

SEGUNDO.- Os/as aspirantes excluídos/as, así como os omitidos/as na presente relación, dispoñerán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte o da publicación da presente resolución no BOP, aos efectos de emenda das causas da súa exclusión da lista provisional de admitidos (de acordo co previsto no artigo 68 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), ou para advertir os erros dos que, no seu caso, se tivera derivado da súa omisión na mesma.

Para ditos efectos deberá presentarse a documentación correspondente no Rexistro Xeral deste Concello ou nas demáis formas que determina o artigo 16 da Lei 39/2015, no prazo sinalado.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos do proceso selectivo.

A Alcaldía ditará resolución pola que se resolven as reclamacións que, no seu caso se presentasen, e aprobará a listaxe definitiva de admitidos e excluídos, así como a composición nominal do Tribunal, lugar, data e hora na que se citará ao mesmo para a súa primeira sesión, así como para o inicio do proceso selectivo que será obxecto de publicación no BOP e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal).

TERCEIRO.- Ordenar a publicación da presente Resolución no BOP e no Taboleiro de anuncios do Concello de Cambados ubicado na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal)

DOCUMENTO ASINADO E DATADO ELECTRÓNICAMENTE