PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2022 – ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA EXTINCIÓN AUTORIZACIÓNS VENDA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA

MARZO 2022 – ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA EXTINCIÓN AUTORIZACIÓNS VENDA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA

Mediante Resolución da Concellería Delegada de Economía, Facenda e Patrimonio do 22.03.2022 acordouse iniciar expediente de extinción de autorizacións de venda ambulante ou non sedentaria por falta de pago das taxas municipais correspondentes dentro do prazo establecido ao efecto (artigo 12.1 b) da Ordenanza Municipal de venda ambulante ou non sedentaria do Concello de Cambados (BOP nº 35 de 22.02.2016) dos seguintes vendedores:
Nif/Cif
71027528D
Y1832764T
35297120D
45905820M
X3786335Y
Y1304796C
35462179C
35317335F
En cumprimento do disposto no artigo 12.2 Ordenanza Municipal de venda ambulante ou non sedentaria do Concello de Cambados (BOP nº 35 de 22.02.2016) sométese o expediente a información pública por un período de vinte días a contar desde o seguinte á publicación do presente anuncio no Taboleiro de Edictos do Concello e no mercado ou feira a efectos de que se aporten as alegacións ou observacións que se consideren oportunas a este respecto .
A citada Resolución de inicio atópase a disposición na sede electrónica da entidade (https://cambados.sedelectronica.gal) para a súa consulta.

Cambados

Anuncio información pública extinción autorizacións venda ambulante ou non sedentaria