PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2022 – DECRETO 2022-0185 S/ REORGANIZACIÓN ÁREAS DE GOBERNO MUNICIPAIS

FEBREIRO 2022 – DECRETO 2022-0185 S/ REORGANIZACIÓN ÁREAS DE GOBERNO MUNICIPAIS

DECRETO 2022-0185 S/ REORGANIZACIÓN ÁREAS DE GOBERNO MUNICIPAIS

Resolución da Alcaldía
Expediente 2813/2019

Asunto: Reorganización das áreas de goberno municipais

Mediante Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019) adoptouse acordo de delegación de atribucións da Alcaldía e nomeamento de concelleiros/as delegados/as.

Que posteriormente foron ditadas sucesivas Resolucións de Alcaldía do 12.11.2019, 10.02.2020, 22.04.2020, 03.06.2021, 15.11.2021 e 18.01.2022 de modificación / determinación do réxime de delegacións acordado.

Considerando preciso reorganizar as áreas de goberno en aras dunha mellor xestión municipal procede emitir Resolución modificando as anteriores delegacións

En uso das miñas atribucións, e ao amparo dos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e dos artigos 114 a 121 e 43 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro,

RESOLVO:

1.Asumir as competencias en materia de mobilidade.

2.Delegar no concelleiro D. Fernando Patricio Rey as competencias en materia de actividade deportiva.

3.Delegar na concelleira Dª Fátima Abal Roma as competencias en materia de infancia.

Tras as anteriores modificacións as áreas de goberno quedan configuradas como segue, nos termos e coas condicións de delegación xa acordas mediante Resolución do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019):

Delegacións Xenéricas:

— Cultura, Festexos, Normalización Lingüística, Sanidade, Terceira Idade e Seguridade Cidadá

Concelleiro Delegado: D. Constantino Cordal Rodríguez

— Muller, Igualdade, Infancia e Mar

Concelleira Delegada: Dª Fátima Abal Roma

— Economía, Facenda, Industria, Urbanismo, Patrimonio e Novas Tecnoloxías

Concelleiro Delegado: D. Xurxo Charlín Trigo

— Xuventude, Turismo e Enoturismo

Concelleira Delegada: Dª Milagros Martínez Piñeiro.

— Comercio, Promoción Económica, Servizos Sociais e Actividade Deportiva

Concelleiro Delegado: D. Fernando Patricio Rey

Delegación Especial:

— Medio Ambiente, Réxime Interior e Persoal

Concelleira Delegada: Dª Mª Cruz Leiro Peña

De acordo co artigo 115 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro a Alcaldía conservará as seguintes facultades en relación coa competencia delegada:

a)A de recibir información detallada da xestión da competencia delegada e dos actos ou disposicións emanados en virtud da delegación.

b)A de ser informado previamente á adopción de decisións de trascendencia.

O Alcalde, en calquera momento, poderá asumir as atribucións delegadas por esta resolución, sen prexuízo de poder avogar en calquera momento as competencias delegadas con arranxo á lexislación vixente sobre procedemento administrativo común.

Os/as concelleiros/as mencionados/as neste Decreto non poderán delegar nun terceiro as atribucións que lles conferiu a Alcaldía.

3.Notificar este decreto á interesada, facéndolle saber que a delegación se entenderá aceptada tácitamente se no termo de tres días hábiles contados desde a súa notificación, non fan manifestación expresa ante o órgano delegante, da súa non aceptación.

Cambados