PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBRERO 2022 – RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción do proxecto da planta solar fotovoltaica Rodonita, no concello de Cambados, provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2021/003-4)

FEBRERO 2022 – RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción do proxecto da planta solar fotovoltaica Rodonita, no concello de Cambados, provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2021/003-4)

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Rodonita Energía, S.L.

Denominación do proxecto: proxecto de instalación fotovoltaica Rodonita (asinado con data do 9.12.2021 por Lucía Lampón Bretón).

Concello afectado: Cambados (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 2.000 MW.

Produción neta anual estimada: 3.082 MWh/ano.

Parcelas con referencia catastral: H51505100NH10A0001SG.

Coordenadas da parcela en que se sitúa a instalación (ETRS89): fuso 29N; X: 514.702; Y: 4.701.387.

Orzamento total (execución material): 701.587,55 €.

Características técnicas recollidas no proxecto:

• Instalación solar fotovoltaica de 2.000 kW de potencia nominal (1.999,36 kWp), formada por:

− Catro mil cincocentos corenta e catro (4.544) módulos fotovoltaicos de silicio monocristalino de alta eficiencia, de 440 Wp.

− Estrutura soporte dos módulos fotovoltaicos metálica fixa, con inclinación de 30º e fincados directamente ao chan.

− Oito (8) inversores de potencia nominal unitaria 225 kW e 250 kW de potencia máxima.

• Transformador exterior de 2.000 kVA de aceite, con relación de transformación 20/0,8 kV.

• Centro de transformación (CT) en edificio prefabricado de formigón en que se instalarán: un cadro de baixa tensión, un transformador de servizos auxiliares de 5 kVA e relación de transformación 800/400 V, unha cela de protección do transformador exterior e unha cela de liña.

• Centro de protección, control e medida (CCPM) en edificio prefabricado de formigón con: dúas celas de medida, cela de protección e celas de liña.

• Liña de evacuación soterrada con cable de 240 mm² de sección, condutor de aluminio RHZ1-2OL, tensión asignada 12/20 kV, composta por dous tramos:

− Tramo 1: de 57 m de lonxitude, desde a caseta do centro de transformación ata o centro de protección, control e medida.

− Tramo 2: de 13 m de lonxitude, desde o centro de protección, control e medida ata o centro de seccionamento que será cedido á distribuidora.

• Centro de seccionamento (CSI), con dúas posicións de entrada-saída, que será tramitado polo procedemento IN407A e cedido á empresa distribuidora.

• Liña eléctrica soterrada de 18 m con cable de 240 mm² de sección, condutor de aluminio RHZ1-2OL, tensión asignada 12/20 kV. Esta liña tamén será tramitada polo procedemento IN407A e cedida á empresa distribuidora.

Órgano competente para autorizar o proxecto: a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

O que se fai público, de conformidade co artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e co artigo 47 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas físicas ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan examinar a documentación indicada e presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 25.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado.

Pontevedra, 13 de xaneiro de 2022

Proyecto Rodonita