PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2022 – Resolución ampliación vixencia bolsa de traballo traballador/a social

FEBREIRO 2022 – Resolución ampliación vixencia bolsa de traballo traballador/a social

Resolución da Alcaldía
Expediente 4856/2018
Mediante Resolución da Alcaldía do 19.02.2019 aprobóuse a creación dunha bolsa de emprego para a provisión interina de prazas de traballador/a social tras convocatoria pública efectuada no BOP nº 246 de 26.12.2018.
As bases reguladoras do proceso selectivo estableceron que a seu período de vixencia extenderíase por un periodo máximo de tres anos, contados desde a data da súa creación.
Considerando preciso ampliar a vixencia da citada bolsa de emprego ata a creación dunha nova, e co obxecto de non desatender ás necesidades de cobertura temporal que puideran manifestarse nestas prazas / postos do departamento de servizos sociais; tendo en conta que as bases reguladoras da convocatoria da nova lista de reserva xa foron aprobadas mediante Resolución do pasado 10.02.2022 (pendente de publicación no Boletín Oficial da Provincia), en uso das competencias atribuídas a esta alcaldía pola lexislación de réxime local,
RESOLVO:
Ampliar a vixencia da bolsa de emprego para a provisión interina de prazas de traballador/a social derivada da convocatoria pública no BOP nº 246 de 26.12.2018 por un periodo de seis meses ou ata a entrada en vigor dunha nova lista de reserva que virá derogar á anterior.
Condicións:
A ampliación da vixencia da bolsa de emprego para a provisión interina de prazas de traballador/a social (BOP nº 246 de 26.12.2018) terá efectos por un periodo de seis meses ou ata a entrada en vigor da nova lista de reserva cuxas bases reguladoras xa foron aprobadas mediante Resolución da Alcaldía do 10.02.2022 (situación que se produza primeiro no tempo).

Resolución ampliación vixencia bolsa de traballo traballador-a social