PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2022 – EXPOSICIÓN PÚBLICA PROXECTO “MELLORA DO SISTEMA DE SANEAMENTO DO CONCELLO DE CAMBADOS (PONTEVEDRA)” CLAVE: OH.336.1186 (CONVENIO CON AUGAS DE GALICIA)

XANEIRO 2022 – EXPOSICIÓN PÚBLICA PROXECTO “MELLORA DO SISTEMA DE SANEAMENTO DO CONCELLO DE CAMBADOS (PONTEVEDRA)” CLAVE: OH.336.1186 (CONVENIO CON AUGAS DE GALICIA)

EXPOSICIÓN PÚBLICA PROXECTO “MELLORA DO SISTEMA DE SANEAMENTO DO CONCELLO DE CAMBADOS (PONTEVEDRA)” CLAVE: OH.336.1186 (CONVENIO CON AUGAS DE GALICIA)

Con data 23 de novembro de 2021 a entidade pública empresarial Augas de Galicia adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e os Concellos de Cambados e Vilanova de Arousa asinaron un Convenio para a execución das actuacións de “Mellora do sistema de saneamento no Concello de Cambados” e “Mellora do sistema de saneamento no Concello de Vilanova de Arousa” cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80%, no marco do programa operativo
FEDER Galicia 2014-2020.

En cumprimento do disposto no artigo 3.1 do Convenio e unha vez remitido por parte de Augas de Galicia a esta Administración o proxecto de “Mellora do sistema de saneamento do Concello de Cambados (Pontevedra)” Clave: OH.336.1186 sométese o dito proxecto a información pública por un prazo de 20 días hábiles a contar desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia durante os cales as persoas interesadas poderán presentar as alegacións que estimen oportunas ao mesmo.

O documento atoparase a disposición das persoas interesadas nas oficinas xerais do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas e no seguinte enlace de descarga:

http://descargas.xunta.es/63d2050e-900a-4926-a1d0-d174a9d0aae81641216646799

Cambados.

Inf_Supervision

PROXECTO