PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2022 – DELEGACIÓN DE ATRIBUCIÓNS DA ALCALDÍA E NOMEAMENTO DE CONCELLEIRA DELEGADA

XANEIRO 2022 – DELEGACIÓN DE ATRIBUCIÓNS DA ALCALDÍA E NOMEAMENTO DE CONCELLEIRA DELEGADA

DELEGACIÓN DE ATRIBUCIÓNS DA ALCALDÍA E NOMEAMENTO DE CONCELLEIRA DELEGADA

Expediente 2813/2019

Mediante Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019) adoptouse acordo de delegación de atribucións da Alcaldía e nomeamento de concelleiros/as delegados/as.

Que posteriormente foron ditadas sucesivas Resolucións de Alcaldía do 12.11.2019, 10.02.2020, 22.04.2020, 03.06.2021 e 15.11.2021 de modificación / determinación do réxime de delegacións acordado.

Que as citadas Resolucións de delegación acordadas pola Alcaldía no seu día seguen vixentes a data de hoxe.

Presentada por Dª Fátima Abal Roma renuncia á alcaldía da que tomou coñecemento o Pleno o pasado 11.01.2022, elixíuseme novo Alcalde no Pleno do Concello celebrado o pasado 15.01.2022, tomando posesión do cargo no transcurso da mesma sesión.

Non obstante, resulta preciso delegar atribucións en Dª Fátima Abal Roma en canto mantivo o cargo de concelleira que desempeña na actualidade e tendo en conta o seu nomeamento como membro da Xunta de Goberno Local e 2ª Tenente de Alcalde.

En uso das miñas atribucións, e ao amparo dos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e dos artigos 114 a 121 e 43 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais aprobado por Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro,

RESOLVO

1. Asumir, como propias, as competencias que lle foron delegadas mediante Resolucións de 08.07.2018 e 12.11.2019 (“Obras Públicas, Medio Rural, Servizos, Comunicación e Portavocía”) así como as restantes atribucíons que lle corresponden no exercicio da Alcaldía e que non foron delegadas.

2. Modificar ás áreas de goberno municipal atribuíndose delegación xenérica da Alcaldía en favor da concelleira que se nomina co alcance e efectos determinados na Resolución da Alcaldía do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019).

-Muller, Igualdade e Mar; Concelleira Delegada: Dª Fátima Abal Roma.

As áreas de goberno quedan configuradas como seguen, nos termos e coas condicións de delegación xa acordas mediante Resolución do 08.07.2019 (BOP nº 162 de 26.08.2019):

Delegacións Xenéricas:

-Cultura, Festexos, Normalización Lingüística, Sanidade, Terceira Idade, Mobilidade e Seguridade Cidadá

• Concelleiro Delegado: D. Constantino Cordal Rodríguez

-Muller, Igualdade e Mar

• Concelleira Delegada: Dª Fátima Abal Roma

-Economía, Facenda, Industria, Urbanismo, Patrimonio e Novas Tecnoloxías

• Concelleiro Delegado: D. Xurxo Charlín Trigo

-Xuventude, Turismo e Enoturismo

• Concelleira Delegada: Dª Milagros Martínez Piñeiro.

-Comercio, Promoción Económica, Servizos Sociais e Infancia

• Concelleiro Delegado: D. Fernando Patricio Rey

Delegación Especial:

-Deportes, Medio Ambiente, Réxime Interior e Persoal

• Concelleira Delegada: Dª Mª Cruz Leiro Peña

De acordo co artigo 115 do Real Decreto 2568/1986 do 28 de novembro a Alcaldía conservará as seguintes facultades en relación coa competencia delegada:

a) A de recibir información detallada da xestión da competencia delegada e dos actos ou disposicións emanados en virtud da delegación.

b) A de ser informado previamente á adopción de decisións de trascendencia.

O Alcalde, en calquera momento, poderá asumir as atribucións delegadas por esta resolución, sen prexuízo de poder avogar en calquera momento as competencias delegadas con arranxo á lexislación vixente sobre procedemento administrativo común.

Os/as concelleiros/as mencionados/as neste Decreto non poderán delegar nun terceiro as atribucións que lles conferiu a Alcaldía.

3. Notificar este decreto á interesada, facéndolle saber que a delegación se entenderá aceptada tácitamente se no termo de tres días hábiles contados desde a súa notificación, non fan manifestación expresa ante o órgano delegante, da súa non aceptación.

Cambados