BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS AOS SECTORES AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS
BDNS(Identif.):607281
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/607281)
Primeiro. Beneficiarios.
Poderán solicitar estas axudas os autónomos e PEMES con ata dez persoas empregadas, que cumpran os requisitos fixados nas bases da convocatoria.
Segundo. Obxecto.
Con carácter xeral, o obxecto desta liña de axudas municipais busca paliar en parte a perda de ingresos dos sectores afectados pola crise da COVID-19, como pode ser hostalaría, comercio, axencias de viaxes, ximnasios ou similares, sempre que sexan pemes con ata 10 persoas empregadas e autónomos.
A finalidade é promover, reactivar e contribuír ao mantemento da actividade económica, o emprego e a competitividade dos sectores citados para que poidan facer fronte ás consecuencias da pandemia producida polo COVID-19, especialmente a aquelas relacionadas coa paralización da actividade e a forte diminución da súa actividade en aplicación das distintas medidas restritivas de protección fronte ao COVID 19, principalmente as establecidas no Decreto 8/2021, de 26 de xaneiro, da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e da Orde de 26 de xaneiro de 2021 da Consellería de sanidade e as súas posteriores modificacións.
Terceiro. Bases reguladoras e Bases da convocatoria.
Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cambados, aprobada polo Pleno en sesión celebrada o 28 de outubro de 2004 e publicada no BOPPO nº 217 do 10 de novembro de 2004.
Bases da convocatoria publicadas na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans) e no portal de transparencia do Concello de Cambados.
Cuarto. Contía da axuda.
O crédito global e máximo que se dispón para o outorgamento das subvencións a conceder será de 40.066,60 € con cargo á aplicación orzamentaria 4310.47900, financiado con cargo á subvención que a Deputación Provincial de Pontevedra concedeu para esta finalidade ao Concello de Cambados ao abeiro do Plan Provincial de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2021, Liña 2.
A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da aplicación dos criterios e contías máximas establecidos nas bases da convocatoria.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria na forma e termos previstos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.
Sexto. Outros datos.
A publicidade dos distintos actos derivados da presente convocatoria farase no taboleiro de anuncios do Concello de Cambados, aloxado na sede electrónica municipal (https://cambados.sedelectronica.gal), aos efectos do disposto no artigo 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
ANEXO AXUDAS AOS SECTORES AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA DO CONCELLO DE CAMBADOS