PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2022 – Anuncio de resultado final do proceso selectivo e proposta de nomeamento proceso selectivo promoción interna de dúas vacantes de administrativo/a (OEP/2017)

XANEIRO 2022 – Anuncio de resultado final do proceso selectivo e proposta de nomeamento proceso selectivo promoción interna de dúas vacantes de administrativo/a (OEP/2017)

Anuncio de resultado final do proceso selectivo e proposta de nomeamento proceso selectivo promoción interna de dúas vacantes de administrativo/a (OEP/2017) Reunido o Tribunal Cualificador encargado da selección en quenda de promoción interna de dúas prazas vacantes de administrativo/a, comprobouse que a totalidade das aspirantes que superaron os dous primeiros exercicios contan co nivel de coñecemento de galego esixido pola Base cuarta polo que, en virtude do disposto na Base decimprimeira e cuarta das específicas, atópanse exentos da realización do terceiro exercicio.
En cumprimento do disposto na Base décima segunda do proceso selectivo, faise pública a relación de aspirantes que superaron todos os exercicios da oposición e as súas puntuacións finais totais:
Número Apelidos e Nome Fase
1 Mondragón Treviño, Mª del Mar 80,48
2 Rodríguez de la Torre, Mª José  66,80

PROPOSTA DE NOMEAMENTO:

De conformidade coa Base décimo segunda da convocatoria, o Tribunal Cualificador propón o nomeamento como funcionarias de carreira da escala de administración xeral, subescala administrativa, praza de administrativo/a e por orde correlativa á puntuación acadada, das seguintes aspirantes:

1.María del Mar Mondragón Treviño.
2..María José Rodríguez de la Torre.

Requirir ás aspirantes seleccionadas para que, no prazo máximo de 20 días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do presene anuncio no taboleiro de edictos da sede electrónca municipal e na web municipal, aporten a seguinte documentación:

Declaración responsable de que seguen reunindo todos e cada un dos requisitos esixidos, e acreditados, no momento de terse presentado ao proceso selectivo, así como de non estar incurso en causa de incompatibilidade de conformidade coas previsións normativas aplicables ao respecto (e ilo sen prexuízo da responsabilidade na que, no seu caso, e por falsidade na dita declaración, puidese incorrer).
Se dentro do prazo indicado (agás nos casos de forza maior, debidamente motivados e que deberán ser apreciados e estimados, potestativamente, pola Alcaldía), os/as aspirantes seleccionados/as non presentaran a documentación requirida, ou da mesma se deducira que non reúnen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeadas, e quedarán anuladas todas as actuacións previas, sen prexuízo das responsabilidades en que puidera incorrer por falsidade.
A presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá ser recorrida en alzada ante a Alcaldía, segundo establece os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común.
O recurso poderá interpoñerse ante o órgano que ditou o acto que se impugna ou ante o competente para resolvelo. Se o recurso se interpuxese ante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberá remiti-lo ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e ordenada do expediente. O titular do órgano que ditou o acto recorrido será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior.
Cambados
O Secretario do Tribunal

Anuncio resultados e proposta de nomeamento proceso selectivo prazas de administrativo_a promoción interna (OEP 2017_2020)