PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2022 – ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de letrado/a-asesor/a xurídico/a (OEP/2020), en quenda libre e por persoal funcionario de carreira.

XANEIRO 2022 – ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de letrado/a-asesor/a xurídico/a (OEP/2020), en quenda libre e por persoal funcionario de carreira.

ANUNCIO

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 247, do 23 de decembro de 2021, publicáronse as bases para a cobertur,a en quenda libre e por persoal funcionario de carreira, dunha vacante de letrado/a-asesor/a xurídico/a (OEP/2020) aprobadas mediante Acordo da Xunta de Goberno Local do 10 de decembro de 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 244, do 20 de decembro de 2021, publicouse a Resolución da Alcaldía do 10 decembro de 2021 pola que se convoca proceso selectivo para a cobertura, en quenda de libre, da praza vacante da OEP de 2020 sinalada:

Grupo, segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase: técnicos superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: letrado/a-asesor/a xurídico/a.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.

Cambados, 27 de decembro de 2021