PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2021 – OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2021 ANUNCIO

DECEMBRO 2021 – OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2021 ANUNCIO

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2021

ANUNCIO

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 10 de decembro de 2021, aprobou a oferta de emprego público do ano 2021 nos termos e co alcance sinalados a continuación:

1.- Quenda libre (prazas ofertadas ao abeiro da taxa ordinaria de reposición de efectivos, artigos 19.un.1 e 19.un.7 da LPXE 2021):

1130.png

2.- Quenda de promoción interna (prazas ofertadas ao abeiro do disposto polo artigo 19.un.6 da LPXE 2021 e 37 da Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia):

1143.png

Cambados

(Asinado dixitalmente)

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da súa publicación, ó abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Adminstrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa publicación, consonte ó disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xuño da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

No caso de interpoñerse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes segundo establece o artigo 124-2 da devandita Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso de dito prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo, consonte ao establecido no artigo 46-1) e 4) da Lei 29/1998, Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Non obstante, tamén poderase interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a Dereito.